**Autoría e referencias** / Coordenadas persoais ===== Relato informal ===== ---- {{http://wiki.enpalabras.com/lib/exe/fetch.php/20130712_144511_1280x768_.jpg?200 |}} No cotián é onde sucede o fututo pero o cotián non pode estandarizarse, é necesario referenciar o marco no que se desenvolve a propia "normalidade”. A miña é a dunha persoa que nunca traballou por conta allea así que as palabras reto, empresa, emprender, obxectivos, cambio e incerteza, son as que conforman o quebracabezas persoal no que reflexiono. Percibir a realidade en termos de proxectos resulta tan estimulante como esgotador porque hai que considerar as zonas de intersección e liñas de fuga. Por iso a avaliación non debe limitarse a se se desenvolveron as tarefas previstas senón ás novas posibilidades que nos abre o traxecto percorrido. Por iso quizá a parte máis interesante da miña actividade profesional/persoal está en escoitar, detectar as excepcións, observar, unir puntos, ensaiar, cuestionar, reflexionar… E cando hai un pouco de tempo, procuro abrir e compartir espazos de conversación. Hai quen traballa sempre sobre planificacións moi claras, outros parece que temos unha certa tendencia a involucrarnos en proxectos que se nos fan máis grandes do previsto. Tras unha [[http://www.enpalabras.com/blog/2012/01/consultoria-interna/|autocrítica revisión]], non puiden chegar a conclusións definitivas sobre se a orixe desta tendencia está nun fallo de previsión ou na necesidade de disciplinar a intuición e a visión periférica, pero o que si estamos a facer é establecer unha metodoloxía clara para sacar o máximo partido sobre este continuo aprender facendo que non debe quedar reducido á experiencia que o orixina. {{http://wiki.enpalabras.com/lib/exe/fetch.php/ig_codigogen_ticoprofesional-300x245.jpg?200 |}} A miña actividade profesional xira ao redor da consultoría estratéxica, a dinamización da información, o deseño e posta en marcha de proxectos e a produción audiovivsual. Son socia-directora en I. G. Documentación, investigadora impenitente, alérxica aos tópicos, consultora, blogueira… No noso código xenético están: o uso estratéxico da información, a potencia do audiovisual e experimetar novas realidades. Escribo en... * Meu blog persoal: [[http://www.enpalabras.com/blog/|enPalabras]] * Observatorio enIgualdade: [[http://enigualdade.com/|Os feitos como punto de partida]] * Blog corporativo de IG Proxectos: [[http://informaciongalicia.net/blog/|Consultoría de proyectos]] * Asociación Proxecto Máscaras: [[http://www.proxectomascaras.com]] * Cine & investigación [[http://de-mudanza.net/|dMudanza]] E tamén nas wikis que elaboramos como soporte en aberto nos proxectos de Cine & Investigación: * Cine e educación: [[http://didactica.proxectomascaras.com|Didáctica para a Integración pola naturalidade]] * A cidade como ámbito de análise: [[http://wiki.de-mudanza.net]] * A historia da cidade a través da auga: [[http://emalcsa.de-mudanza.net|Emalcsa: Memoria y Futuro]] * A sala de máquinas da cidade: [[http://concellocoruna.de-mudanza.net|Concello de A Coruña: Memoria y Futuro]] * Arte e pedagoxía en código aberto: [[http://undiadecine.proxectomascaras.com|Un día de Cine]] ===== Consultoría de xénero ===== ---- Servizos profesionais no ámbito de xénero: * Consultoría e asistencia técnica a institucións e empresas. Metodoloxía e ferramientas de innovación * Deseño de formación e Talleres con perspectiva de xénero. Estudos e ponencias sobre estratexias de representación e visibilización * Investigación de enfoques e indicadores. Deseño e elaboración de estudos. Enfoques en RSC e plans de igualdad * Conferenciante e ponente en eventos relacionados coa perspectiva de xénero **Referencia de traballos na área de igualdade** ✔ Talleres, publicacións, ponencias e cargos de representación en comités e consellos consultivos ✔ Campañas de sensibilización en igualdade e violencia de xénero ✔ Concello da Coruña: [[http://enigualdade.com/2009/11/25/desenfocadas-lo-que-el-espejo-nos-cuenta/|Desenfocadas]], [[http://enigualdade.com/2009/05/09/arteparte-campana-contra-la-violencia-de-genero/https:/vimeo.com/4586658|25 de noviembre]] e festival [[http://enigualdade.com/2010/08/08/alternativas-para-poder-enfocar/|Mulleres arte+parte]]. ✔ Talleres audiovisuais co alumnado dos Institutos do [[http://enigualdade.com/2010/12/14/talleres-igualdad-institutos-de-cambre/|Concello de Cambre]] e do [[http://enigualdade.com/2009/06/10/oleiros-solidario-talleres-igualdad/|Concello de Oleiros]]. ✔ Plans de igualdade: empresas dos sectores tecnolóxico, textil e sector de mobiliario e no Concello da Coruña co [[http://enigualdade.com/2008/01/08/perspectiva-de-genero-en-el-ambito-municipal/|II Plan de Igualdade]] ✔ Representante empresarial pola CEG na [[http://enigualdade.com/tag/comision-consultiva/|Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade entre mulleres e hores na negociación colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais]]: Ponencias, revisión de plans empresariais de empresas obrigadas por lei, deseño de estudos e elaboración da guía de boas prácticas. ✔ Publicación: [[http://enigualdade.com/2012/07/09/radio-coruna-entrevista-a-isabel-iglesias/|Empresarias Xubiladas]] - Proxecto de investigación e recuperación da memoria histórica das empresarias na provincia da Coruña. Publicado pola Deputación da Coruña. [[http://www.enpalabras.com/blog/tag/ponencia/|Ponencias]]: Asociacionismo, representación e perspectiva de xénero **Proxectos no ámbito emprendedor con perspectiva de xénero** ✔ **Programa Emega**, Estímulo as mulleres emprendedoras galegas (2006, 2007 y 2008) - Servicio Galego de Igualdade, Xunta de Galicia. Seguimento personalizado e evaluación do programa e os seus resultados, con especial atención aos factores diferenciais das iniciativas empresariais postas en marcha por mulleres. ✔ **Programa ARCO**, accións para o reforzamento da conciliación (Equal, FSE). Estudio da situación real de emprendedoras e empresarias galegas con respecto á conciliación. ✔ **Programa de Micro créditos para emprendedoras** da Xunta de Galicia: Atención da línea 900 de Asesoramiento e seguimento personalizado para a posta en marcha do proxecto (de 9:00 a 17:00 h.), Control e seguimento do plan de empresa e Participación na Xunta de Avaliación previa ao seu envío a entidades bancarias ✔ **Proxecto europeo Calíope**, desenvolvido pola Xunta de Galicia: Estudo sobre carencias formativas detectadas por empresarias universitarias e relatorio nas xornadas desenvoltas en Padrón (A Coruña). ✔ **Participación como experta no informe GEM** (Global Entrepreneurship Monitor) desde 2005 na sección de Galicia do informe GEM, que constitúe unha potente ferramenta de análise comparada da actividade emprendedora en numerosos países, tendo en conta o contexto social, político e cultural. ✔ **Rede Coruña Emprega**. Participación directa no deseño e posta en marcha da Rede Coruña Emprega como representante empresarial e especificamente das empresarias galegas. ✔ **Programa Avanza**, actuacións na área de fenda dixital de xénero: Proxecto de Creación de 10 webs para empresas impulsadas e lideradas por mulleres. Servizo Galego de Igualdade e Consellería de Innovación e Industria.