a_memoria_das_vivas
Diferencias
Muestra las diferencias entre dos versiones de la página.
Próxima revisión | Revisión previa | ||
a_memoria_das_vivas [2019/12/10 18:25] – creado isabel | a_memoria_das_vivas [2024/02/22 19:24] (actual) – iagoglez | ||
---|---|---|---|
Línea 1: | Línea 1: | ||
- | <fs large>< | + | <fs large>< |
+ | |||
+ | ===== O punto de partida ===== | ||
+ | ---- | ||
<WRAP center round box 95%> | <WRAP center round box 95%> | ||
Línea 22: | Línea 25: | ||
{{ : | {{ : | ||
- | A colaboración de Ángeles no contacto con familiares das homenaxeadas, | + | A colaboración de Ángeles no contacto con familiares das homenaxeadas, |
Embarcada no seu novo proxecto asociativo, de crear asociacións comarcais unidas nunha federación provincial, propúxose homenaxear en vida a todas as empresarias xubiladas e as quería ¡Xa!. Pero no era tan doado. A falta de datos, de rexistros, de canais de información, | Embarcada no seu novo proxecto asociativo, de crear asociacións comarcais unidas nunha federación provincial, propúxose homenaxear en vida a todas as empresarias xubiladas e as quería ¡Xa!. Pero no era tan doado. A falta de datos, de rexistros, de canais de información, | ||
Línea 28: | Línea 31: | ||
{{: | {{: | ||
- | O contexto deste traballo tería que ser <fc # | + | O contexto deste traballo tería que ser <color # |
</ | </ | ||
+ | |||
+ | ===== Avanzando na tese inicial ===== | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | A falta de recursos para acometer o proxecto resultaba unha limitación importante, polo que o primeiro foi establecer fontes de información secundarias accesibles. Así, se revisaron estudios en relación coa actividade empresarial das mulleres e publicacións de “mulleres célebres” en distintos ámbitos. | ||
+ | |||
+ | Unha das fontes de información á que recorremos foi a rede, dise que, hoxe en día o que no aparece en Internet no existe, polo que foi un dos instrumentos utilizados de forma intensiva. Sen embargo, temos que constatar que, a pesares da aplicación de múltiples criterios e filtros, case non se puido atopar información relevante para o obxectivo deste traballo. E non deixa de ser lóxico xa que Internet non é senón o espello da realidade polo que tampouco pode sorprender esta continuación do anonimato que sempre rodeou á actividade económica das mulleres. | ||
+ | |||
+ | En canto aos estudios analizados, a meirande parte se desenvolven desde criterios tanxenciais como a precariedade laboral, a conciliación, | ||
+ | |||
+ | O que si proba esta carencia e a herdanza de séculos de silencio que axuda a contextualizar a percepción social e histórica do traballo das mulleres cobrando sentido, máis que nunca, a diferenciación traballo-ocupación-salario-emprego. | ||
+ | |||
+ | De feito, unha das principais conclusións, | ||
+ | |||
+ | Esta primeira fase do traballo se completou con algúns casos concretos de empresarias xubiladas e se deixou trazado o sistema metodolóxico a utilizar en paralelo ao desenvolvemento das asociacións comarcais en toda a provincia. | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | Así, se deseñou a metodoloxía e técnicas a utilizar | ||
+ | | {{ : | ||
+ | |||
+ | </ | ||
+ | |||
+ | ===== O laboratorio ===== | ||
+ | ---- | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | Nesta fase preliminar, tivo especial relevancia a revisión de publicacións sobre mulleres relevantes, especialmente dúas das tres que foron o xerme desta necesidade de recuperación e reivindicación da importancia da actividade e aportación económica das mulleres: | ||
+ | |||
+ | * A memoria dos vintecinco anos de AECO: “25 Años: Un punto de partida” (Isabel Iglesias) | ||
+ | * As biografías das “Pioneiras” (Servicio Galego de Igualdade) | ||
+ | * O “Diccionario das Mulleres Galegas” (Aurora Marco) | ||
+ | |||
+ | {{: | ||
+ | |||
+ | Pero este percorrido alfabético, | ||
+ | |||
+ | **Porque... a qué se dedicaban as mulleres?** | ||
+ | |||
+ | Destacaron e aportaron na cultura e nas artes como escritoras, actrices, pianistas, compositoras, | ||
+ | |||
+ | Realizaron labores de excepción [[http:// | ||
+ | |||
+ | Contribuíron coa súa loita, sufrimento, e incluso coa vida, na procura das liberdades como guerrilleiras, | ||
+ | |||
+ | Contribuíron ao benestar social como curandeiras polo que na meirande parte dos casos foron perseguidas, | ||
+ | |||
+ | <color # | ||
+ | |||
+ | Estudiaron por libre, con brillantes resultados académicos, | ||
+ | |||
+ | Se hai unha conclusión obvia é que, fronte a inmensa capacidade de traballo e superación que se desprende a lectura detallada deste diccionario hai unha carencia absoluta de referencias ao seu medio de vida, como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidades, | ||
+ | |||
+ | De feito, a pesar de que si se conseguiron datos e referencias de mulleres con actividade empresarial (en maior ou menor medida), esto non foi considerado como un apartado relevante nos Apéndices finais do libro. | ||
+ | |||
+ | O certo e que, a pesares dos atrancos e as dificultades, | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round help 85%> | ||
+ | **Índice dos apéndices finais** | ||
+ | |||
+ | * Abadesas, prioras, subprioras, vicarias e procuradoras de algúns conventos femininos. | ||
+ | * Mulleres nas artes plásticas. | ||
+ | * Socias e data de admisión no Centro Galego da Habana. | ||
+ | * Socias en Solidariedade Pontevedresa. | ||
+ | * Participación en Congresos, Exposicións, | ||
+ | * Galegas pensionadas pola “Junta para Ampliación de Estudios e Investivaciones Científicas” e Pensionadas polas Deputacións provinciais para ampliar estudios fora de Galicia (artes plásticas). | ||
+ | * Mestras que colaboraron nas Misións Pedagóxicas na Coruña e Pontevedra (1932-1933). Relación de escolas e temas desenvolvidos nas conferencias. | ||
+ | * Relación de mulleres que traballaron en Galicia nas delegacións de Ministerios. Ano. Lugar e destino. | ||
+ | * Mulleres nas directivas de asociacións. | ||
+ | * Mulleres nas Xuntas Directivas dos sindicatos, | ||
+ | * Mulleres nas organizacións políticas. | ||
+ | * Manifestos. | ||
+ | * Fusiladas, falecidas en cárceres, inhabilitadas, | ||
+ | |||
+ | </ | ||
+ | |||
+ | Este apéndice reflicte o que en realidade é o obxectivo principal do libro, aínda cando se pretende salientar a silenciada labor das mulleres nos ámbitos saen a luz os artísticos, | ||
+ | |||
+ | Entre as fontes citadas no libro de Aurora Marco destacan as iniciativas locais que van xurdindo para paliar este ninguneo histórico, como a publicación “Mulleres significativas de Camariñas” e a labor de historiadores como Carlos Pereira ou Xosé Ramón Barreiro. | ||
+ | |||
+ | Destacounos especialmente o “descubrimento” do “Catastro de Ensenada”, | ||
+ | |||
+ | As respostas xerais se conservan en diversos Arquivos Estatais. O Arquivo Xeral de Simancas custodia a copia compulsada completa das contestacións das 13.000 localidades da Coroa de Castela. Razóns de preservación levaron a iniciar o proceso de microfilmación. A información sobre este rexistro pódese está recollida nunha [[http:// | ||
+ | |||
+ | [[http:// | ||
+ | |||
+ | Con todo, volvendo ao diccionario de Aurora Marco, podemos extraer datos de interese e pistas que nos falan de como as mulleres se responsabilizaban da supervivencia propia e a das súas familias, se ben esto non quer dicir que as mulleres que se dedicaban as artes, á cultura, ao deporte ou a ciencia non cobraran polo seu traballo, só que non nos consta. | ||
+ | |||
+ | Como veremos na relación que se inclúe a continuación, | ||
+ | |||
+ | Veremos como moitas mulleres se gañaban a vida como oleiras, sobre todo en Lugo e Ourense, ata que o plástico, a folla de lata e a construcción da vía férrea por onde estaban as barreiras, acabaron co oficio. Ou, nos anos da fame, as extraperlistas, | ||
+ | |||
+ | Coa selección aquí presentada preténdese en todo caso, poñer o acento nunha visión económica da actividade das mulleres, incluso en épocas en que non só a tradición, senón a lei, nos prohibían todo tipo de actividades. | ||
+ | \\ | ||
+ | < | ||
+ | <iframe src=" | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | </ | ||
+ | |||
+ | ===== Libro " | ||
+ | |||
+ | \\ | ||
+ | < | ||
+ | <iframe width=" | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | \\ | ||
a_memoria_das_vivas.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:24 por iagoglez