Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Action unknown: siteexport_addpage
a_memoria_das_vivas

Antecedentes / “A menoria das vivas

O punto de partida


En 1999, un periódico local sorprendeu á presidenta da Asociación de Empresarias de A Coruña co recordatorio dos 25 anos transcorridos desde a creación da asociación. Eu acababa de integrarme, máis ben de ser aducida pola súa presidenta xa que, a pesares da miña traxectoria laboral como traballadora por conta propia, e de ter procurado integrarme en organizacións empresariais, non coñecía ás de empresarias.

A noticia do periódico propiciou, loxicamente, un acto público, na Cámara de Comercio de A Coruña, organizado en torno ao homenaxe a cinco empresarias de larga traxectoria na asociación. Sen embargo, faltaba algo. Coa complicidade de algunhas empresarias, e de costas á presidenta, decidimos realizar una publicación conmemorativa da memoria histórica da asociación.

Visto desde fora, e máis co transcurso do tempo, hai que recoñecer que o resultado é más ben modesto porque, das dificultades que inicialmente fomos quen de prever, como o necesario segredo para pedir dedicatorias a persoas representativas ou o financiamento, a peor, sen dúbida, foi a de conseguir os datos e o material gráfico, pois resultou que toda esa memoria histórica só estaba na cabeza da presidenta e en fotos persoais espalladas (e non sempre ben conservadas) que era necesario cohesionar.

O necesario engano temporal para sorprendela nos custou algunha bronca e moitas suspicacias, pero o conseguimos. E teño que dicir que a súa reacción, cando lla entregamos, nos causou bastante decepción, porque case nin a mirou. Sen embargo, co paso dos anos, a teño visto máis dunha vez repasar as páxinas con emoción disimulada e recorrer a ela cando precisaba presentar e avalar a traxectoria e o traballo realizado.

Aquel primeiro esforzo de recompilación no tivo continuidade pero si cumpriu unha misión importante, facer visible una carencia que, algún día, habería que subsanar.

Cando en 2005 me integrei de novo na Asociación de Empresarias, a organización fórase profesionalizando coa incorporación de persoal técnico, sen embargo, no ámbito do recoñecemento público, todo seguía máis ou menos igual. En 2007, con ocasión da celebración do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Vicepresidencia da Xunta de Galicia apoiou a publicación dun libro da catedrática e investigadora Aurora Marco, o “Diccionario de mulleres galegas”.

O libro, froito exclusivo da inquedanza e o esforzo da súa autora, recolle, segundo as súas propias palabras, “datos desde as orixes, desde os dados máis antigos que se coñecen sobre as mulleres, até 1975. Esta data foi un ponto de partida para a historia das mulleres; a morte de Franco, a proclamación do Ano Internacional das mulleres, o Decenio de Nacións Unidas para as mulleres (1976-1985), a emerxencia do movemento feminista que veu a seguir, o contexto de reformas que supuxo a transición política á democracia, marcaron un fito.”

E de novo o capricho da historia volveu a colocar en primeiro plano aquela necesidade timidamente iniciada anos atrás porque, entre todas as mulleres interesantes que foron completando as páxinas de Aurora, se colou, de xeito espontáneo, Ángeles de la Iglesia. Sorpresa, orgullo, emoción… Incluso unha certa prepotencia, por este recoñecemento espontáneo e inesperado.

A presentación deste traballo coincidiu con seu relevo, por iniciativa propia y tras más de 30 años, na presidencia da Asociación de Empresarias. Un relevo provocado pero difícil de asumir, una procura de novos camiños que requiría a dura tarefa de ir desprendendo, pouco a pouco, as múltiples capas dunha traxectoria persoal larga e intensa.

A necesidade de recuperación da memoria ía pedindo paso. Pero o impulso definitivo veu a principios de 2008, coa exposición “Pioneiras” coa que desde o Servicio Galego de Igualdade se rendía homenaxe á traxectoria de 20 empresarias xa falecidas.

A colaboración de Ángeles no contacto con familiares das homenaxeadas, marcou o punto de inflexión que deu lugar a este traballo. Quizais porque como muller de acción gusta máis de feitos que de promesas. Quizais porque o tempo sempre se lle fixo curto, a pesares de que semella ter vivido máis vidas que o resto. Quizais porque reivindica, para si mesma e para as demais, o dereito a contar en primeira persoa os grandes ou pequenos acertos e erros. Quizais porque o tempo foille dando a certeza de que as palabras son un instrumento poderoso.

Embarcada no seu novo proxecto asociativo, de crear asociacións comarcais unidas nunha federación provincial, propúxose homenaxear en vida a todas as empresarias xubiladas e as quería ¡Xa!. Pero no era tan doado. A falta de datos, de rexistros, de canais de información, tan só permitían obter os casos excepcionais que tanto gustan para os reportaxes ad hoc. Pero el obxectivo eran as “empresarias de a pe” cuxa falta de excepcionalidade no soe merecer a categoría de referenciable nos canais oficiais.

Houbo que convencela de que o traballo merecía facerse cun certo rigor, o que implicaba recursos, sistema, etapas e obxectivos medibles. Acordamos pois unha primeira fase de contextualización que se podería ir completando co tempo, a medida que fora creando novas asociacións comarcais na provincia de A Coruña, xa que esa cercanía faría posible o contacto coas empresarias xa xubiladas.

O contexto deste traballo tería que ser “a percepción social e o tratamento histórico respecto á actividade empresarial das mulleres”.

Avanzando na tese inicial

A falta de recursos para acometer o proxecto resultaba unha limitación importante, polo que o primeiro foi establecer fontes de información secundarias accesibles. Así, se revisaron estudios en relación coa actividade empresarial das mulleres e publicacións de “mulleres célebres” en distintos ámbitos.

Unha das fontes de información á que recorremos foi a rede, dise que, hoxe en día o que no aparece en Internet no existe, polo que foi un dos instrumentos utilizados de forma intensiva. Sen embargo, temos que constatar que, a pesares da aplicación de múltiples criterios e filtros, case non se puido atopar información relevante para o obxectivo deste traballo. E non deixa de ser lóxico xa que Internet non é senón o espello da realidade polo que tampouco pode sorprender esta continuación do anonimato que sempre rodeou á actividade económica das mulleres.

En canto aos estudios analizados, a meirande parte se desenvolven desde criterios tanxenciais como a precariedade laboral, a conciliación, etc., e sempre referidos, como moito, aos últimos 20 anos, co que a penas se atopa un reflexo da actividade profesional ou empresarial de mulleres empresarias actualmente xubiladas.

O que si proba esta carencia e a herdanza de séculos de silencio que axuda a contextualizar a percepción social e histórica do traballo das mulleres cobrando sentido, máis que nunca, a diferenciación traballo-ocupación-salario-emprego.

De feito, unha das principais conclusións, de carácter cualitativo, refírese á constante omisión, por pudor cando non mal intencionado esquecemento, respecto a datos que relacionen o traballo e a ocupación das mulleres co diñeiro, de lexitimar os seus intereses e aportacións económicas incluso cando esta se refería claramente a actividades “extradomésticas” e remuneradas.

Esta primeira fase do traballo se completou con algúns casos concretos de empresarias xubiladas e se deixou trazado o sistema metodolóxico a utilizar en paralelo ao desenvolvemento das asociacións comarcais en toda a provincia.

Así, se deseñou a metodoloxía e técnicas a utilizar para a continuidade no tempo deste proxecto de investigación sobre a memoria de empresarias dea provincia de A Coruña.

O laboratorio


Nesta fase preliminar, tivo especial relevancia a revisión de publicacións sobre mulleres relevantes, especialmente dúas das tres que foron o xerme desta necesidade de recuperación e reivindicación da importancia da actividade e aportación económica das mulleres:

  • A memoria dos vintecinco anos de AECO: “25 Años: Un punto de partida” (Isabel Iglesias)
  • As biografías das “Pioneiras” (Servicio Galego de Igualdade)
  • O “Diccionario das Mulleres Galegas” (Aurora Marco)

Sen embargo, foi a revisión a fondo do diccionario de Aurora Marco o que permitiu extraer os datos e pistas necesarias para contextualizar a percepción social e histórica das empresarias. O inxente traballo realizado pola autora abarcou a localización de fontes e datos, pero o resultado amosa a necesidade de sistematización que servirán para o establecemento de futuras liñas de investigación e estudio.

Pero este percorrido alfabético, que abarca desde o século X ata os albores da democracia, si permiten salientar algunhas cuestións de relevancia e referencias de mulleres que foron empresarias aínda que o contexto histórico pretendera esquecelo.

Porque… a qué se dedicaban as mulleres?

Destacaron e aportaron na cultura e nas artes como escritoras, actrices, pianistas, compositoras, ceramistas, cantantes.

Realizaron labores de excepción nun dos poucos ámbitos que a historia lles permitiu como relixiosas, misioneiras, filántropas.

Contribuíron coa súa loita, sufrimento, e incluso coa vida, na procura das liberdades como guerrilleiras, sindicalistas, revolucionarias, libertaria, milicianas.

Contribuíron ao benestar social como curandeiras polo que na meirande parte dos casos foron perseguidas, rexeitadas publicamente, torturadas e aniquiladas por bruxas. Influíron na educación como mestras, na loita democrática co seu activismo político, social e cultural.

A pesares do seu afastamento dos ámbitos económicos, foron fundadoras e co-fundadoras de escolas, de institucións para nenas, de mosteiros, capelas, igrexas, colexios – seminarios e institucións asistenciais.

Estudiaron por libre, con brillantes resultados académicos, e foron impulsoras e organizadoras de actos, compañías de teatro, exposicións (case sempre con fins recaudatorios).

Se hai unha conclusión obvia é que, fronte a inmensa capacidade de traballo e superación que se desprende a lectura detallada deste diccionario hai unha carencia absoluta de referencias ao seu medio de vida, como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidades, e por tanto de relacións económicas, ou como se este tipo de datos “afeara” o dereito a súa recuperación.

De feito, a pesar de que si se conseguiron datos e referencias de mulleres con actividade empresarial (en maior ou menor medida), esto non foi considerado como un apartado relevante nos Apéndices finais do libro.

O certo e que, a pesares dos atrancos e as dificultades, as mulleres levan séculos exercendo e participando nas actividades productivas, sendo actoras da súa supervivencia, contribuíndo a xerar riqueza e emprego.

Índice dos apéndices finais

  • Abadesas, prioras, subprioras, vicarias e procuradoras de algúns conventos femininos.
  • Mulleres nas artes plásticas.
  • Socias e data de admisión no Centro Galego da Habana.
  • Socias en Solidariedade Pontevedresa.
  • Participación en Congresos, Exposicións, Colonias Escolares (derradeiro terzo do século XIX e comezos do XX).
  • Galegas pensionadas pola “Junta para Ampliación de Estudios e Investivaciones Científicas” e Pensionadas polas Deputacións provinciais para ampliar estudios fora de Galicia (artes plásticas).
  • Mestras que colaboraron nas Misións Pedagóxicas na Coruña e Pontevedra (1932-1933). Relación de escolas e temas desenvolvidos nas conferencias.
  • Relación de mulleres que traballaron en Galicia nas delegacións de Ministerios. Ano. Lugar e destino.
  • Mulleres nas directivas de asociacións.
  • Mulleres nas Xuntas Directivas dos sindicatos,
  • Mulleres nas organizacións políticas.
  • Manifestos.
  • Fusiladas, falecidas en cárceres, inhabilitadas, sancionadas, represaliadas tras o levantamento militar de 1936.

Este apéndice reflicte o que en realidade é o obxectivo principal do libro, aínda cando se pretende salientar a silenciada labor das mulleres nos ámbitos saen a luz os artísticos, culturais, políticos sociais, filantrópico, etc., pero non a cuestión económica, como se o diñeiro fose un problema alleo do que non se tiñan que ocupar. Sen embargo, na revisión detallada de todas e cada unha das biografías, si atopamos suficientes exemplos que permiten aproximar a unha visión diferente e axeitada aos obxectivos deste estudio.

Entre as fontes citadas no libro de Aurora Marco destacan as iniciativas locais que van xurdindo para paliar este ninguneo histórico, como a publicación “Mulleres significativas de Camariñas” e a labor de historiadores como Carlos Pereira ou Xosé Ramón Barreiro.

Destacounos especialmente o “descubrimento” do “Catastro de Ensenada”, ordenado polo rei Fernando VI a proposta do seu ministro o Marqués de Ensenada, que en 1749 realizou unha minuciosa investigación a gran escala nun amplo territorio, e que incluía datos de: habitantes, propiedades territoriais, edificios, ganados, oficios, rendas incluíndo os censos e, incluso, características xeográficas de cada poboación.

As respostas xerais se conservan en diversos Arquivos Estatais. O Arquivo Xeral de Simancas custodia a copia compulsada completa das contestacións das 13.000 localidades da Coroa de Castela. Razóns de preservación levaron a iniciar o proceso de microfilmación. A información sobre este rexistro pódese está recollida nunha Web específica do Ministerio de Cultura.

Con todo, volvendo ao diccionario de Aurora Marco, podemos extraer datos de interese e pistas que nos falan de como as mulleres se responsabilizaban da supervivencia propia e a das súas familias, se ben esto non quer dicir que as mulleres que se dedicaban as artes, á cultura, ao deporte ou a ciencia non cobraran polo seu traballo, só que non nos consta.

Como veremos na relación que se inclúe a continuación, aparecen mulleres xa sobradamente coñecidas, pero tamén, e é a parte que mais interesa neste caso, moitos oficios “de mulleres” que a evolución histórica e económica fixo desaparecer e ninguén se encargou de recuperar.

Veremos como moitas mulleres se gañaban a vida como oleiras, sobre todo en Lugo e Ourense, ata que o plástico, a folla de lata e a construcción da vía férrea por onde estaban as barreiras, acabaron co oficio. Ou, nos anos da fame, as extraperlistas, destacan especialmente na zona de Redondela, se xogaban a vida, xa que esta arriscada actividade podía derivar en xuízo por rebelión e condena a morte.

Coa selección aquí presentada preténdese en todo caso, poñer o acento nunha visión económica da actividade das mulleres, incluso en épocas en que non só a tradición, senón a lei, nos prohibían todo tipo de actividades.


Libro "Empresarias Xubiladas"




a_memoria_das_vivas.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:24 por iagoglez