Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


as_pioneiras

Antecedentes / As pioneiras


No intento de acadar unha perspectiva histórica hai que preguntarse…

Por que se silencian?

Por que a situación mantense na actualidade?

Como se di na introdución, “Galicia é a terra das viúvas de vivos e mortos”.

Mentres tantos homes galegos exploraban novos horizontes xeográficos na procura do pan, moitas mulleres quedaban a explorar novos horizontes persoais sen moverse da terra, emprendendo aventuras económicas que non estaban incluídas no papel asignado a elas polos roles de xénero da época e que tiveron ás veces grande éxito e que perdura na actualidade.

Estas son as pioneiras rescatadas polo SGI para a mostra “Pioneiras” a principios de 2008.

Non sabían que non podían


Amalia Méndez Fernández

O cinema como medio de vida

Aurora Liste Forján

Leiteira de profesión e comunista por convicción

Carmen Pérez García

Unha armadora con dotes de capitana

Carmen Pérez Gómez

Muller cunhas dotes comerciais extraordinarias

Celia Rivas Casais

A primeira camionera do Estado español

Consuelo Liñeira García

Visionaria, emprendedora, extrovertida, dinámica, polifacética e artista

Dolores Centeno Soto

Unha armadora con espírito emprendedor

Dominga López de Somoza

Unha galega emprendedora no Madrid de Carlos II e Felipe V

Eugenia Pereira Rodríguez

Investigadora, precursora, empresaria innovadora

Francisca Morán Ramos

De vocación, mestra

Isabel Maestre López

Empresaria enérxica e pioneira no mundo empresarial da comarca da Barbanza

Joaquina García García

O seu enxeño e a súa intelixencia fixérona impermeable aos tempos difíciles

Manuela Carballo Mouzo

Precursora do comercio de encaixes de Camariñas

María de las Mercedes Gil y Acebedo

Unha das primeiras boticarias de Betanzos

María López de Guadalupe

Muller pioneira en rexentar unha botica

María Martínez Otero

Fortaleza e constancia en épocas difíciles

María Dolores Miramontes Mato

Costureira e defensora do Estatuto do 36

Olimpia Valencia López

Unha xinecóloga adiantada ao seu tempo

Paz Parada Pumar

Primeira médica colexiada

Xesusa Prado López

Tintureira, vermella ata o corazón

as_pioneiras.txt · Última modificación: 2019/12/10 23:37 (editor externo)