¡Esta es una revisión vieja del documento!
<fc #6495ed>Autoría e referencias / Coordenadas persoais</fc>
No cotián é onde sucede o fututo pero o cotián non pode estandarizarse, é necesario referenciar o marco no que se desenvolve a propia “normalidade”. A miña é a dunha persoa que nunca traballou por conta allea así que as palabras reto, empresa, emprender, obxectivos, cambio e incerteza, son as que conforman o quebracabezas persoal no que reflexiono.
Percibir a realidade en termos de proxectos resulta tan estimulante como esgotador porque hai que considerar as zonas de intersección e liñas de fuga. Por iso a avaliación non debe limitarse a se se desenvolveron as tarefas previstas senón ás novas posibilidades que nos abre o traxecto percorrido.
Por iso quizá a parte máis interesante da miña actividade profesional/persoal está en escoitar, detectar as excepcións, observar, unir puntos, ensaiar, cuestionar, reflexionar… E cando hai un pouco de tempo, procuro abrir e compartir espazos de conversación.
Hai quen traballa sempre sobre planificacións moi claras, outros parece que temos unha certa tendencia a involucrarnos en proxectos que se nos fan máis grandes do previsto. Tras unha autocrítica revisión, non puiden chegar a conclusións definitivas sobre se a orixe desta tendencia está nun fallo de previsión ou na necesidade de disciplinar a intuición e a visión periférica, pero o que si estamos a facer é establecer unha metodoloxía clara para sacar o máximo partido sobre este continuo aprender facendo que non debe quedar reducido á experiencia que o orixina.
A miña actividade profesional xira ao redor da consultoría estratéxica, a dinamización da información, o deseño e posta en marcha de proxectos e a produción audiovivsual.
Son socia-directora en I. G. Documentación, investigadora impenitente, alérxica aos tópicos, consultora, blogueira…
No noso código xenético están: o uso estratéxico da información, a potencia do audiovisual e experimetar novas realidades.
Escribo en…
- Meu blog persoal: enPalabras
- Observatorio enIgualdade: Os feitos como punto de partida
- Blog corporativo de IG Proxectos: Consultoría de proyectos
- Asociación Proxecto Máscaras: http://www.proxectomascaras.com
- Cine & investigación dMudanza
E tamén nas wikis que elaboramos como soporte en aberto de moitos dos nosos proxectos:
- Cine e educación: Didáctica para a Integración pola naturalidade
- A cidade como ámbito de análise: http://wiki.de-mudanza.net
- A historia da cidade a través da auga: Emalcsa: Memoria y Futuro
- A sala de máquinas da cidade: Concello de A Coruña: Memoria y Futuro
- Arte e pedagoxía en código aberto: Un día de Cine