Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


de-construcion_de_contextos

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>O diñeiro das mulleres / De-construcion de contextos</fc>

A evolución dun privilexio

A realidade é como un prisma, só se pode ver o lado que está diante

O certo é que nin sequera se decatan, nin o pensan! Sinxelamente ocorre algo fóra do habitual e saltan as alertas. E entón reaccionan… e invéntanse o relato.



Indagar no pasado

Cando se fala de investigación histórica téndese a illar os contextos, pero a realidade debúxase en capas que se interrelacionan.

A cuestión NON é lograr un maior detalle da fotografía SENÓN… dixitalizar o contexto en altísima resolución. Para iso, fan falta múltiples imaxes para que poidan ser reconstruídas nun zoom infinito.

Con todo, sabemos que algunhas formas de xeneralización escurecen a realidade e impiden o progreso. Estereotipar ás mulleres, ás minorías raciais, aos musulmáns, aos xudeus e a outros grupos sociais desfavorecidos foi a forma habitual de mantelos subordinados.

En 1873, unha lei de Illinois que prohibía ás mulleres exercer como avogados (cousa que xa facían en Iowa) foi desafiada por Myra Bradwell, que xa completara a súa formación e as súas prácticas, e exercía como avogada, pero á que lle foi negada a admisión nos tribunais de Illinois.

A Corte Suprema, en defensa da lei que excluía ás mulleres da profesión, alegou certos estereotipos, apoiados pola piedade relixiosa: «A timidez e delicadeza naturais e apropiadas que pertencen ao sexo feminino faias evidentemente inadecuadas para moitas das ocupacións da vida civil […]. O destino e a misión fundamental das mulleres é cumprir cos nobres e benignos oficios de esposa e nai. Esta é a lei do Creador».[9]

O xuíz Bradley chegou a recoñecer que moitas mulleres non estaban casadas e por tanto poderían considerarse como excepcións a esta regra xeral (Myra Bradwell estaba casada). Pero chegou á conclusión de que a lei debía «adaptarse á constitución xeral das cousas, e que non podía basearse en casos excepcionais».

Martha C. Nussbaum - Envejecer con sentido

de-construcion_de_contextos.1576523294.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)