empresarias_xubiladas
Diferencias
Muestra las diferencias entre dos versiones de la página.
Ambos lados, revisión anteriorRevisión previaPróxima revisión | Revisión previaPróxima revisiónAmbos lados, revisión siguiente | ||
empresarias_xubiladas [2019/12/10 18:56] – [Porque... A que se dedicaban?] isabel | empresarias_xubiladas [2019/12/10 19:16] – [Mª Teresa Vidal Gallego] isabel | ||
---|---|---|---|
Línea 107: | Línea 107: | ||
</ | </ | ||
\\ | \\ | ||
+ | ==== Consuelo Ramos López ==== | ||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | Consuelo Ramos López naceu, no rigor do inverno, o 7 de xaneiro de 1939 en Santa Locaia de Branzá, Arzúa. Medrou nunha familia numerosa e xa dende moi nena tocoulle axudar á súa nai coa elaboración de queixos artesáns. Ela, a terceira de sete irmáns, é a maior das fillas e veuse obrigada a traballar por necesidade. | ||
+ | |||
+ | Dende ben nena desprazábase ás distintas feiras a vender o queixo, ademais de axudar na elaboración e coidado deles. Viviu nunha época na que os homes ían á escola, para posteriormente acudir ao servizo militar, mentres que ás mulleres tocáballes traballar nos labores que xiraban arredor da casa. | ||
+ | |||
+ | Aos 18 anos casou e trasladouse a Turces. Aínda non cumprira os 24 anos e xa tiña tres fillos cuxa crianza foi quen de compatibilizar co traballo da casa e seguir facendo queixo. Traballou sen descanso para que os seus fillos tiveran a formación que ela non puido ter. | ||
+ | |||
+ | Tamén nos deixa claro que o seu marido, José Pereira Conde, sempre a axudou e entre os dous sacaron adiante aos catro fillos: María, Purificación, | ||
+ | |||
+ | Comezou vendendo os queixos en Santiago de Compostela, nun camión de feiras: “Viaxabamos na cima do camión”. Como toda a xente que naceu na posguerra e medrou co medo no corpo, aprendeu a repartir beneficios para obter colaboración: | ||
+ | |||
+ | Na actualidade ten catro netos que levan, como os fillos que sempre a axudaron e como o resto da familia, a paixón polo queixo no sangue. | ||
+ | |||
+ | No relato da súa historia converte as dificultades en anécdotas como cando nos inicios, por mor da inexperiencia, | ||
+ | |||
+ | Fixeron o saneamento completo. Tiveron que limpar, queimar e desinfectar todo para comezar co proceso de novo mercando vacas inglesas e alemás. Acudían en grupo a buscalas, e desa maneira resultáballes máis económico. As vacas que mercaran estaban todas preñadas. | ||
+ | |||
+ | De pasar de ter moi pouco leite, pasaron a ter moito, polo que para aproveitar este excedente chegaron a facer 58 quilos de queixo diario con leite cru. | ||
+ | |||
+ | Pero seguir prosperando esixía cambios. Eran conscientes de que había que modernizarse, | ||
+ | |||
+ | Foi en 1980 cando Consuelo Ramos e o seu esposo crean a marca Arquesán, en Murgás, Touro, na provincia da Coruña, con esa tradición que se transmite de xeración en xeración, mantendo a filosofía artesanal que deu orixe a tan exquisita produción que hoxe goza de denominación de orixe recoñecida en todo o país e, incluso, fóra das nosas fronteiras. | ||
+ | |||
+ | No entanto, eran outros tempos e a comercialización era moi dura. Dende a súa casa á estrada tiña que camiñar un quilómetro, | ||
+ | |||
+ | Pero o traballo tivo recompensa. A boa produción de leite fixo que tiveran importantes ganancias, o que lles permitiu mercar a primeira cámara frigorífica no ano 1986. | ||
+ | |||
+ | Paseniño foron medrando e montaron a primeira queixería que foi inaugurada pola Xunta de Galicia, polo conselleiro de Agricultura, | ||
+ | |||
+ | Pero o traballo estaba bendicido con algo fundamental: | ||
+ | |||
+ | Foron quen de ir convertendo as dificultades en oportunidades, | ||
+ | |||
+ | Hoxe en día os queixos, coa súa etiqueta, distribúense directamente nos camións frigoríficos de Bama. | ||
+ | |||
+ | Pero non só innovaron na elaboración. Na Agro Despensa desenvolven unha auténtica actividade didáctica na que reciben excursións de nenos aos que lles aprenden a facer o queixo, póñenlles debuxos ou realizan xogos. Cada neno fai o seu queixo, ao que logo lles píntan a etiqueta. Cada queixo leva o seu número, polo que se lles envía cando está curado e feito. | ||
+ | |||
+ | Por esta Agro Despensa teñen pasado xa máis de 5.000 nenos. Pero non son as únicas excursións que reciben, xa que tamén os visitan enfermos de Conxo, da Escola de Hostalería, | ||
+ | |||
+ | Na actualidade, | ||
+ | |||
+ | O seu queixo só está á venda en tendas especializadas. Distribúese por Barcelona, Palma de Mallorca, Suíza..., pero nunca en grandes superficies. Son un manxar selecto da boa mesa baixo o selo de Arquesán (de Agro Despensa). | ||
+ | |||
+ | A marca Bama, a través dun consorcio de queixo tradicional de España, exporta aproximadamente para uns 25 países estranxeiros, | ||
+ | |||
+ | **O queixo é a súa vida: “Mentres poida, seguirei facendo queixos”**. | ||
+ | |||
+ | Entre os recoñecementos obtidos destaca o seu primeiro premio, queixo feito con leite crúa, dado pola Consellería de Sanidade a principios dos anos 80. No entanto, o que máis ilusión lle fixo foi a homenaxe que lle brindou o Concello de Arzúa no ano 2005. | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | |||
+ | ==== Juana Permuy Vilasuso ==== | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | Juana Permuy Vilasuso naceu o 3 de xullo de 1938. Dende moi nova dedicouse aos labores do campo e da casa, cosía calcetíns dende os oito anos e lavaba a roupa. A súa traxectoria profesional comezou, hai máis de corenta anos, cunha pequena taberna na que paraban os veciños e os traballadores da central do Eume. | ||
+ | |||
+ | Foi á escola ata os 16 anos e, aos 20, xa estaba casada. A súa familia abriu unha taberna que ela atendeu compaxinando co nacemento dos seus dous fillos. | ||
+ | |||
+ | A axuda na tasca era necesaria para a economía da familia. Naqueles tempos vivían regularmente, | ||
+ | |||
+ | Tan só levaba uns meses coa taberna cando, aos dous días de nacer a súa filla máis maior, ardeu todo. Aquela construción de madeira foi destruída nun incendio xunto coa mercadoría, | ||
+ | |||
+ | Sen esperalo, Juana e o seu esposo, Antonio Calvo, víronse ante as cinzas do seu local. Quedaran sen nada e acababa de nacer a súa primeira filla. | ||
+ | |||
+ | Pero a forza das persoas que loitan pola vida contra todo impedimento fainas quen de erguérense de entre as cinzas, e pouco despois o canteiro Ruibal, o mesmo que fixo as primeiras casas da Estoxa, axudado por Vence, comeza a levantar a casa de pedra, por encarga de Domingo de Peizás e o seu fillo, Antonio. Alí, Juana abre un negocio no que combina a tenda de ultramarinos co bar. | ||
+ | |||
+ | Toda a mercadoría que tiña para vender ardera naquel fatídico incidente. | ||
+ | |||
+ | Estivo dous anos pagando a mercadoría que ardera no incendio, paseniño, mentres facía o almacén e posteriormente a casa, a primeiros dos anos 60. Na taberna había perfumaría e mercería. De feito, a primeira televisión da zona puxérona eles e polas tardes xuntábase alí a xente. | ||
+ | |||
+ | O bar foise facendo casa de comidas, mesturando a arte para a cociña de Juana coas troitas e os reos do Eume, facendo tamén cocido, requeixo, freixós... De aí, Juana pasa aos primeiros banquetes de voda, para o que conta coa inestimábel axuda de Maruja de Ruibal e da familia. Eran banquetes como festas de patrón, tal e como se reflectía en fotos dos anos 60, que quedaron como testemuño. | ||
+ | |||
+ | Chegan os anos 70 e constrúese o primeiro comedor con capacidade para 150 persoas, o que favorece que aumente a fama e o prestixio, tanto en banquetes como en comidas á carta, e que esixe ampliar as instalacións cun novo salón de case 500 metros cadrados. | ||
+ | |||
+ | Medraba a demanda e a xente desprazábase ata alí. | ||
+ | |||
+ | Foi das primeiras mulleres da zona en sacar o carné de conducir. | ||
+ | |||
+ | Juana conta dende o ano 1997 co apoio do seu xenro, Rogelio López Loureiro, encargado da xestión e proxección do negocio, quen actualmente pasou a tomar a testemuña da dirección do negocio. | ||
+ | |||
+ | Prodúcense novas e sucesivas reformas das instalacións: | ||
+ | |||
+ | Todos estes factores levarán a que se inaugure no ano 2001 o Hotel Fraga do Eume. No ano 2005 volve a ampliar a oferta para banquetes e eventos, poñendo outro salón, contando na actualidade cunha capacidade de 500 prazas. | ||
+ | |||
+ | Das cinzas do seu comezo, Juana creou un restaurante, | ||
+ | |||
+ | Hoxe en día segue activa: guionista de teatro, pandereteira nun grupo, viaxes... Participa na vida cultural e social da Capela. Goza participando en actos populares e culinarios, como por exemplo o día que fixo callos para 700 persoas. | ||
+ | |||
+ | Dona Juana recibiu ao longo da súa traxectoria profesional a Medalla de Bronce de Galicia, no ano 2001, o Premio Nacional de Gastronomía de Radio Turismo e o Premio ao labor de toda unha vida (Concello de Lalín), entre outros. | ||
+ | |||
+ | Recorda orgullosa como a xente que estivo alí volve. Aqueles nenos que no seu día celebraron a súa comuñón, volven pasados os anos a contratar a súa voda: “Despois de 20 anos aínda se seguían a lembrar do requeixo que comeran na súa comuñón“. | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | |||
+ | ==== Tasina Pisonero Ramos ==== | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | Coñecida como " | ||
+ | |||
+ | Estudou en Vigo, onde chegou con nove anos. Alí estivo no colexio das Carmelitas ata os 16. Posteriormente, | ||
+ | |||
+ | Casou con 21 anos, pero xa estaba exercendo de mestra en Tui. | ||
+ | |||
+ | O seu marido, Viriato, procedía dunha familia modesta. El tiña un comercio de confección en Pontevedra cun tío seu, pero ao casar independízase e a parella decide poñer un comercio en Ordes. | ||
+ | |||
+ | Eran coñecedores das feiras que había alí, pero tamén sabían que non había nada de comercio, e consideraron que sería unha boa idea establecer o negocio naquela comarca. Aquela idea empresarial causou revolución na zona. A forma de levar o negocio era innovadora e o escaparate era inmellorábel. | ||
+ | |||
+ | Comezaron coa súa etapa de fabricantes a partir da compra dunha máquina e a contratación de dúas rapazas para que Tasina as dirixise. Propuxéranlle dar clases particulares, | ||
+ | |||
+ | Quería chegar a medrar o suficiente como para satisfacer toda a demanda que vían que ía xurdindo. Por aqueles tempos, 60 prendas parecéralles unha loucura. | ||
+ | |||
+ | Foi o paso definitivo cara ao traballo automatizado. Tasina esixíase a ela mesma, e transmitíao á súa xente. | ||
+ | |||
+ | Sempre foi unha persoa con moita iniciativa Co afán de atopar novas cousas non dubidaba en viaxar a sitios como París ou Alemaña para coñecer os avances do sector noutros países. Non tiña ningún inconveniente en ir ao estranxeiro a mercar maquinaria. | ||
+ | |||
+ | "O primeiro ‘eslabón’ foi o primeiro cliente; logo correuse a voz e veu todo rodado" | ||
+ | |||
+ | A demanda de man de obra para a empresa causou unha auténtica revolución na comarca. As mulleres da zona, naqueles tempos, case non sabían as primeiras letras e levaban unha vida moi dura no campo. A maioría tiñan unhas mans tan rudas que era moi difícil adestralas para un traballo máis delicado: “Para elas foi unha liberación, | ||
+ | |||
+ | A empresa Viriato, resultou como unha escola para as persoas que alí traballaban, | ||
+ | O que na actualidade é Viriato, S. A., foi unha escola para moitísima xente. | ||
+ | |||
+ | Tasina sempre foi unha persoa moi versátil no seu traballo, e tanto se encargaba da mostraxe coma dos provedores ou do persoal. Ademais realizaba viaxes para ver os avances que había en países como Escocia, Alemaña e Italia, e para traer materia prima. | ||
+ | |||
+ | A súa meta a seguir foi que o home se sentise como unha muller máis no gremio téxtil. Dalgún xeito adiantouse aos tempos da igualdade. | ||
+ | |||
+ | A xente naqueles tempos respondía moi ben no seu traballo: “A orde chegou soa, foime moi fácil dirixilos. A orde xeraba orde". | ||
+ | |||
+ | Tratábase dun colectivo que non tivera sorte na vida, e que ante a oportunidade que se lles brindou, dérono todo. O patrimonio humano en Viriato foi moi importante: “Se non fose por esta xente e a súa forma de facer, Viriato non existiría" | ||
+ | |||
+ | O lema de Viriato era “Vendemos moito porque vendemos barato, e vendemos barato porque vendemos moito”. | ||
+ | |||
+ | Tasina ten nove fillos. O primeiro con 22 anos e o último aos 43. | ||
+ | |||
+ | De xeito anecdótico, | ||
+ | |||
+ | Conta tamén que espertaba malestar entre as amas de casa, porque para elas as mellores empregadas eran as rapazas, e estas se encontraban todas empregadas por Tasina na súa fábrica. | ||
+ | |||
+ | Dona Tasina foi recoñecida como filla adoptiva de Ordes, e co Escudo de Ouro de Pontevedra (sen ser galega). | ||
+ | |||
+ | Na actualidade goza da compañía dos seus fillos e dos seus 18 netos, cos que se entende á perfección. | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | ==== Ángeles de la Iglesias Daviña ==== | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | Nacida en Gondomar, provincia de Pontevedra, a súa infancia pásaa en Santiago de Compostela, e con escasos oito anos trasládase á Coruña, cidade que verá a súa evolución como muller e empresaria. Sendo estudante coñece o que será o seu marido, pai dos seus tres fillos e socio no ámbito profesional durante toda a súa vida. No ano 1955, con 17 anos, comeza a súa traxectoria empresarial no sector de hostalería, | ||
+ | |||
+ | En 1961 aparece xa como cotitular co seu esposo do Café Atalaya, un histórico da cidade da Coruña situado nos céntricos Xardíns de Méndez Núñez, e tamén como cotitular do Café Terminal, situado na mesma localización dende 1963 ata 1974. A partir de 1983, o Atalaia trasládase do emprazamento orixinal á zona de Elviña, e segue rexentándoo ata 2005, ano no que se xubila, aínda que siga sendo a súa titular. | ||
+ | |||
+ | É no ano 1983 cando, pola súa traxectoria persoal e profesional, | ||
+ | |||
+ | No ano 1988 decide diversificar a súa actividade e monta un salón de peiteado, Mayuly, aínda que a súa actividade principal seguirá sendo a hostalería, | ||
+ | |||
+ | Paralelamente ás súas actividades profesionais e familiares, xa dende principios dos anos 60 participa activamente no ámbito asociativo, organizando e colaborando en diferentes congresos empresariais e impulsando a creación de todas as asociacións de empresarias de Galicia, incluída a Federación Autonómica FEGA. | ||
+ | |||
+ | No ámbito do asociacionismo iníciase ao redor de 1961 como representante provincial do Sindicato Vertical polo grupo de Masas Fritas, formando parte nesas mesmas datas da sección económica deste e sendo vogal nacional. | ||
+ | |||
+ | Máis adiante, en maio de 1971, convócase dende o Sindicato Vertical a varias empresarias para ser fundada a Asociación Española de Mulleres Empresarias (ASEME), da que será nomeada vicepresidenta. No ano 1973 foi nomeada presidenta. | ||
+ | |||
+ | Acolléndose á nova Lei de asociacións de 1977, rexistra e inscribe os estatutos da Asociación de Empresarias da Provincia da Coruña (a primeira das asociacións provinciais que o leva a cabo), o cal fará posíbel que as outras asociacións provinciais se poñan en marcha. | ||
+ | |||
+ | Con esta nova lei póñense en funcionamento as asociacións sectoriais e, no seu ámbito sectorial, será a primeira muller membro da Asociación de Hostalería, | ||
+ | |||
+ | En 1983, utilizando como base o local da Asociación de Hostalería, | ||
+ | |||
+ | O 27 e 28 de abril de 1989 celébrase na Coruña, o I Congreso Galego de Empresarias, | ||
+ | |||
+ | Nese congreso, a instancias de Ángeles como presidenta de AECO, acórdase a constitución e posta en funcionamento da Federación de Empresarias de Galicia. Constará na súa creación como presidenta en funcións ata a asemblea constituínte do ano 1991, ano no que FEGA pasa a ser membro da Confederación de Empresarios de Galicia. Máis adiante, Ángeles será presidenta electa de FEGA dende marzo de 2000 ata marzo de 2006. | ||
+ | |||
+ | En 1991 é elixida membro contador do comité executivo da CEC, e actualmente é membro da súa xunta directiva. Nese mesmo ano, pasa a formar parte do pleno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, ata hoxe en día, e posúe nesta a presidencia da Comisión de Turismo. | ||
+ | |||
+ | No ano 2006 pon en marcha un novo proxecto asociativo, a Federación Provincial de Asociacións Comarcais de Empresarias, | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | {{ : | ||
+ | </ | ||
+ | \\ | ||
+ | ==== Mª Teresa Vidal Gallego ==== | ||
+ | |||
+ | <WRAP center round box 95%> | ||
+ | {{ : | ||
+ | |||
+ | “Charo” para os seus amigos e a “empresaria” para moitos. Viguesa orgullosa e comprometida, | ||
+ | |||
+ | Charo é unha muller impaciente, como adoitan ser as persoas de gran altura intelectual e cultural, pero soubo compensar esa impaciencia cunha inmensa capacidade de reflexión e persuasión. Comprende as circunstancias pero non as quere entender: quere cambialas. | ||
+ | |||
+ | Pódese dicir que se iniciou na actividade empresarial dun xeito un pouco accidental. Tras cursar estudos de Bacharelato universitario, | ||
+ | |||
+ | No ano 1942 incorpórase definitivamente á empresa, onde desenvolve un dos seus principais talentos: a capacidade de relación, encargándose das relacións públicas, licitacións, | ||
+ | |||
+ | Dende o ano 1955, no que nace a súa primeira filla, compaxina as tarefas do fogar co seu traballo na empresa. Sempre di que, dende ese ano, non volveu ir ao cine pola tarde. | ||
+ | |||
+ | Considérase unha pioneira no campo da igualdade, xa que, se ben procede dun sector profundamente masculinizado no que as mulleres, especialmente neses anos, non tiñan moita cabida, sempre foi ben tratada polos seus compañeiros, | ||
+ | |||
+ | Nestes anos, a empresa foi evolucionando, | ||
+ | |||
+ | Dende hai 20 anos, gran parte do seu esforzo está vencellado coa asociación de empresarias que preside dende a súa Fundación. Dándolle esta asociación a maior satisfacción ao acadar a baixa maternal para as mulleres traballadoras, | ||
+ | |||
+ | Tamén traballou dende sempre pola defensa do traballador autónomo, continuando neste campo co labor xa iniciado polo seu pai, xunto con outros traballadores do sector do metal. Este labor concretouse na súa presenza no pasado ano na sinatura, xunto co ministro de Traballo, Jesús Caldera, e representantes de sete organizacións nacionais de traballadores autónomos, entre elas Caype, do anteproxecto do Estatuto do Traballador Autónomo antes do seu paso a Cortes. | ||
+ | |||
+ | A pesar da súa xubilación, | ||
+ | |||
+ | |||
+ | * Membro fundador | ||
+ | * Presidenta da Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE). | ||
+ | * Presidenta da Asociación de Comerciantes e Autónomos de Pontevedra. | ||
+ | * Vicepresidenta da Federación de Empresarias de Galicia (FEGA), donde foi presidenta ata o ano 2000. | ||
+ | * Vicepresidenta da Organización de Mleres Empresarias | ||
+ | * Presidenta de Comercio Interior da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo. | ||
+ | * Vicepresidenta da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra. | ||
+ | * Vicepresidenta da Asociación de Comerciantes de Vigo. | ||
+ | * Delegada na provincia de Pontevedra da Federación de Autónomos de Galicia (FEAGA). | ||
+ | * Presidenta da Asociación de Mayoristas de Material Eléctrico da provincia de Pontevedra (ASOMATEL) Galicia-Sur. | ||
+ | * Presidenta da Fundación Galega da Muller Emprendedora (FUGAME). | ||
+ | * Medalla de Plata de Galicia no ano 2000. | ||
+ | * Viguesa distinguida no ano 1997. | ||
+ | |||
+ | {{ : | ||
+ | {{ : | ||
+ | </ | ||
+ | \\ |
empresarias_xubiladas.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:31 por iagoglez