Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


empresarias_xubiladas

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>Antecedentes / “Empresarias, xubiladas”</fc>

Título

En 1999, un periódico local sorprendeu á presidenta da Asociación de Empresarias de A Coruña co recordatorio dos 25 anos transcorridos desde a creación da asociación. Eu acababa de integrarme, máis ben de ser aducida pola súa presidenta xa que, a pesares da miña traxectoria laboral como traballadora por conta propia, e de ter procurado integrarme en organizacións empresariais, non coñecía ás de empresarias.

A noticia do periódico propiciou, loxicamente, un acto público, na Cámara de Comercio de A Coruña, organizado en torno ao homenaxe a cinco empresarias de larga traxectoria na asociación. Sen embargo, faltaba algo. Coa complicidade de algunhas empresarias, e de costas á presidenta, decidimos realizar una publicación conmemorativa da memoria histórica da asociación.

Visto desde fora, e máis co transcurso do tempo, hai que recoñecer que o resultado é más ben modesto porque, das dificultades que inicialmente fomos quen de prever, como o necesario segredo para pedir dedicatorias a persoas representativas ou o financiamento, a peor, sen dúbida, foi a de conseguir os datos e o material gráfico, pois resultou que toda esa memoria histórica só estaba na cabeza da presidenta e en fotos persoais espalladas (e non sempre ben conservadas) que era necesario cohesionar.

O necesario engano temporal para sorprendela nos custou algunha bronca e moitas suspicacias, pero o conseguimos. E teño que dicir que a súa reacción, cando lla entregamos, nos causou bastante decepción, porque case nin a mirou. Sen embargo, co paso dos anos, a teño visto máis dunha vez repasar as páxinas con emoción disimulada e recorrer a ela cando precisaba presentar e avalar a traxectoria e o traballo realizado.

Aquel primeiro esforzo de recompilación no tivo continuidade pero si cumpriu unha misión importante, facer visible una carencia que, algún día, habería que subsanar.

Cando en 2005 me integrei de novo na Asociación de Empresarias, a organización fórase profesionalizando coa incorporación de persoal técnico, sen embargo, no ámbito do recoñecemento público, todo seguía máis ou menos igual. En 2007, con ocasión da celebración do “Día Internacional da Muller Traballadora” a Vicepresidencia da Xunta de Galicia apoiou a publicación dun libro da catedrática e investigadora Aurora Marco, o “Diccionario de mulleres galegas”.

O libro, froito exclusivo da inquedanza e o esforzo da súa autora, recolle, segundo as súas propias palabras, “datos desde as orixes, desde os dados máis antigos que se coñecen sobre as mulleres, até 1975. Esta data foi un ponto de partida para a historia das mulleres; a morte de Franco, a proclamación do Ano Internacional das mulleres, o Decenio de Nacións Unidas para as mulleres (1976-1985), a emerxencia do movemento feminista que veu a seguir, o contexto de reformas que supuxo a transición política á democracia, marcaron un fito.”

E de novo o capricho da historia volveu a colocar en primeiro plano aquela necesidade timidamente iniciada anos atrás porque, entre todas as mulleres interesantes que foron completando as páxinas de Aurora, se colou, de xeito espontáneo, Ángeles de la Iglesia. Sorpresa, orgullo, emoción… Incluso unha certa prepotencia, por este recoñecemento espontáneo e inesperado.

A presentación deste traballo coincidiu con seu relevo, por iniciativa propia y tras más de 30 años, na presidencia da Asociación de Empresarias. Un relevo provocado pero difícil de asumir, una procura de novos camiños que requiría a dura tarefa de ir desprendendo, pouco a pouco, as múltiples capas dunha traxectoria persoal larga e intensa.

A necesidade de recuperación da memoria ía pedindo paso. Pero o impulso definitivo veu a principios de 2008, coa exposición “Pioneiras” coa que desde o Servicio Galego de Igualdade se rendía homenaxe á traxectoria de 20 empresarias xa falecidas.

A colaboración de Ángeles no contacto con familiares das homenaxeadas, marcou o punto de inflexión que deu lugar a este traballo. Quizais porque como muller de acción gusta máis de feitos que de promesas. Quizais porque o tempo sempre se lle fixo curto, a pesares de que semella ter vivido máis vidas que o resto. Quizais porque reivindica, para si mesma e para as demais, o dereito a contar en primeira persoa os grandes ou pequenos acertos e erros. Quizais porque o tempo foille dando a certeza de que as palabras son un instrumento poderoso.

Embarcada no seu novo proxecto asociativo, de crear asociacións comarcais unidas nunha federación provincial, propúxose homenaxear en vida a todas as empresarias xubiladas e as quería ¡Xa!. Pero no era tan doado. A falta de datos, de rexistros, de canais de información, tan só permitían obter os casos excepcionais que tanto gustan para os reportaxes ad hoc. Pero el obxectivo eran as “empresarias de a pe” cuxa falta de excepcionalidade no soe merecer a categoría de referenciable nos canais oficiais.

Houbo que convencela de que o traballo merecía facerse cun certo rigor, o que implicaba recursos, sistema, etapas e obxectivos medibles. Acordamos pois unha primeira fase de contextualización que se podería ir completando co tempo, a medida que fora creando novas asociacións comarcais na provincia de A Coruña, xa que esa cercanía faría posible o contacto coas empresarias xa xubiladas.

O contexto deste traballo tería que ser “a percepción social e o tratamento histórico respecto á actividade empresarial das mulleres”.

empresarias_xubiladas.1575759106.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)