Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


enfoque_obxectivos_e_indicadores

Indagar desde o cotián / Enfoque, obxectivos e indicadores

Enfoque e obxectivos

Polo feito de que se trate dun proxecto de investigación, poderíase pensar que o público obxectivo pertence ao ámbito académico, sen embargo a concepción e construción cinematográfica permite reforzar os datos con lírica audiovisual para chegar cun enfoque mais humano a un sector moito máis amplo da sociedade.

O resultado do proxecto vai ser unha peza audiovisual, apoiada nun espazo web (wiki) compartido en aberto polo que estará accesible aos diferentes perfís de persoas destinatarias.

O obxectivo do proxecto e afondar nos enfoque de re-visión histórico-social cunha proposta máis amigable para o público non experto:

  • Captar a intrahistoria a través das historias das protagonistas e o contexto.
  • Dar protagonismo ao presente como proceso de construción do futuro
  • Fluír entre a dispersión deixando aforar as diferenzas entre o aparentemente similar para buscar o común entre o diverso.

En definitiva, o que persigue o proxecto é achegar novas preguntas para unha realidade complexa, que as veces parece atascada en debates encorsetados, mostrando realidades que sempre existiron.

Este formato accesible permite achegar unha parte da nosa Historia, como é a das mulleres e o seu papel no desenvolvemento económico da sociedade, a un maior número de persoas mediante formulas que se podan abordar desde o tempo de ocio e lecer.


Indicadores do impacto social

Cantas conversación son necesarias para construír coñecemento?

Un dos principais conceptos dos que parte este traballo é ir contra os mitos da excepcionalidade. É dicir, que algo sexa unha excepción (ou o pareza por descoñecemento dos datos) non implica que teña que ser excepcional. No caso da xeración de riqueza, e emprego, por parte das mulleres, sempre foi unha realidade, aínda que non recoñecida polo relato oficial. Isto obriga a traballar con métodos de investigación cualitativa, que buscan validar ou rebater relacións entre variables. Sobre todo cando a realidade social é tan complexa.

A cuestión da xeneralización dos estudos cualitativos (incluído, por tanto, o estudo de casos) non radica nunha mostra probabilística extraída dunha poboación á que se poida estender os resultados, senón no desenvolvemento dunha teoría que pode ser transferida a outros casos.

Sen restarlle importancia aos métodos estatísticos, hai outros como as testemuñas directas e as entrevistas profesionais que, combinadas coa análise documental diversa permiten a triangulación dos métodos utilizados.

Partindo da tese inicial, o proceso indagatorio tennos que levar á nosa realidade actual para avanzar desde a información ao coñecemento e, dende aí, á visión saber ler os trazos grosos da realidade e recompoñelos para construír novas sínteses.


enfoque_obxectivos_e_indicadores.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:16 por iagoglez