Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


Action unknown: siteexport_addpage
novas_realidades

Autoría e referencias / Novas realidades

Un proxecto é un camiño, poida que o definitivo ou simplemente o que nos permite avanzar e seguir tomando decisións

Novas realidades?

A miúdo, o prezo de esperar é infinitamente máis alto que o custo dos pequenos experimentos.

Isto, xunto coa posibilidade de que todas as persoas implicadas poidan facer seu o camiño, ha de ser o único obxectivo á hora de preparar a presentación dun proxecto: que o ir podando as ramas negativas para o deseño da realidade futura sexa unha ilusión e un traballo compartido. O resto, só é traballo.

Murmuration from Islands & Rivers on Vimeo.


E non cho crees?

Afeitos desconfiar por defecto, todo o que se presenta como demasiado bo ponnos á defensiva e provoca desconcerto. Sobre todo cando a posibilidade desprega unha amplitude tal que, desde o noso peche nos escollos do día a día, móstrasenos difícil por falta de definición.

Cando se fala da dificultade na toma de decisións, gústanos enumerar as carencias, as limitacións do sistema ou a falta de datos, sempre aspectos externos sobre os que, en aparencia, pouco ou nada podemos facer. Mesmo cando fantaseamos coa lotería ou o xenio da lámpada, tendemos a enumerar desexos difusos relacionados co que cremos que nos limita.

Así, cando se nos presenta, ou nos presentan, a oportunidade dun cambio real, é máis que probable que a parálise se encha de argumentos para (auto)xustificar o que puido ser e non foi. Neste magnífico Epílogo de O por que das cousas apréciase claramente as dúas facetas do erro que acompaña ás oportunidades de cambio: O de quen o transmite e a re-acción de quen recibe a proposta.

Contextos dinámicos

Falamos de cambio de modelo, pero a Historia sabe moito de vellas e novas ideas que actúan como detonantes e/ou placebos. E seguimos dando voltas a arcaicos indicadores nunha especie de espiral sadomasoquista de vas esperanzas, en lugar de empezar a ser conscientes do interesante proceso que estamos a vivir (ou ao que estamos a sobrevivir).

Os paradigmas son fitos de aceptación, de estandarización. O realmente importante é o proceso intermedio, que non é lineal, posto que as relacións causa-efecto poden ser, son, moi variadas. Sempre tiven debilidade polo efecto panca, só falta concentrarse nos puntos de apoio.

Excepcións e fronteiras



Deixar atrás as cousas é fácil, o difícil é cambiar de vida

Xulgamos as excepcións en canto a variantes da “normalidade” a modo de reforzo por negación do estatístico, das definicións estandarizadas.

Pero os perigos de estandarizar comportamentos son ben coñecidos e ben podemos comprobar que inculcar a indefensión é moi sinxelo. Dicir ánimo non basta, é necesario entender para desaprender e recuperar a confianza nun mismo..

O interesante está en cada unha desas excepcións por se mesmas porque estudalas permite preguntarse polos motivos: Hai algo en común para que se produza ese “desvío” do tipificado?

  • As persoas, os procesos, o contexto físico, o momento histórico…?
  • Prodúcese a diferenza ou desviación por algún “erro”? Son do mesmo tipo?
  • Casualidade ou causalidade?

Pautas, que non patróns

Non se trata de buscar similitudes desde formulacións teóricas ou ideas iniciais, non é unha cuestión de ratificar senón de aprender. Ás veces penso que unha idea é “orixinal” e cando ma atopo noutro lado me intriga saber como persoas ou situacións distintas chegaron ás mesmas conclusións ou resultados: Hai supostos básicos que se cuestionaron ou variado nos dous casos?

Non se trata de cambiar patróns completos senón de estar atentos para que se poida avanzar nos procesos. Os paradigmas son fitos de adaptación, de estandarización. O interesante é o proceso intermedio porque

  1. Non chega coa “esperanza” de que algo ocorra, a xeración espontánea non serve como explicación
  2. Non sempre se pode simplificar (navalla de ockan). Hai que mergullarse no caos porque as relacións causa-efecto adoitan ser, son, moi variadas.
  3. As mellores oportunidades están na pureza e a simplicidade das ferramentas, como ocorre co “efecto panca”.

Reflexións de referencia

novas_realidades.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:33 por iagoglez