Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


presentacion_do_proxecto

Indagar desde o cotián / Presentación do proxecto

“O diñeiro das mulleres” é un proxecto de captura do coñecemento a través da guionización da realidade e a narración cinematográfica.

Sinopse

Sigue el tablero A qué se dedicaban las mujeres de Isabel en Pinterest.

As mulleres destacaron nos deportes como xogadoras de balonmán, fútbol, hóckey. Foron nadadoras e atletas. Destacaron e constribuíron na cultura e nas artes como escritoras, actrices, pianistas, compositoras, ceramistas ou cantantes. Realizaron labores de excepción nun dos poucos ámbitos que a historia lles permitiu como relixiosas, misioneiras ou filántropas.

Contribuíron coa súa loita, sufrimento, e incluso coa vida, na procura das liberdades como guerrilleiras, sindicalistas, revolucionarias, libertarias ou milicianas. Tamén axudaron ao benestar social como curandeiras, polo que na maior parte dos casos foron perseguidas, rexeitadas publicamente, torturadas e aniquiladas por bruxas. Influíron na educación como mestras, na loita democrática co seu activismo político, social e cultural.

A pesar do seu afastamento dos ámbitos económicos, foron fundadoras e cofundadoras de escolas, de institucións para nenas, de mosteiros, capelas, igrexas, colexios–seminarios e institucións asistenciais. Estudaron por libre, con brillantes resultados académicos, e foron impulsoras e organizadoras de actos, compañías de teatro, exposicións (case sempre con fins recadatorios).

Se hai unha conclusión obvia é que, fronte á inmensa capacidade de traballo e superación hai unha carencia absoluta de referencias ao seu medio de vida, como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidades e por tanto de relacións económicas, ou como se este tipo de datos “afeara” o dereito á súa recuperación. O certo e que, a pesar dos atrancos e as dificultades, as mulleres levan séculos exercendo e participando nas actividades produtivas, sendo actoras da súa supervivencia, contribuíndo a xerar riqueza e emprego.


Fundamentación que o motiva

En 2012 a Deputación da Coruña publicou o ensaio “Empresarias Xubiladas”, un proxecto de investigación e recuperación histórica de empresarias da provincia da Coruña. O estudio foi o resultado de anos de experiencias, investigación e estudio cuxa historia se explica na introdución do libro. Pero ao mesmo tempo supuxo o un novo inicio que se foi enriquecendo con novas liñas de traballo e integración da potencia do audiovisual e a narración cinematográfica.

No desenvolvemento daquela investigación, a pesar da miña afección ao relato, o que me resultou especialmente satisfactorio foi a procura de enfoque para a construción do contexto, ata chegar á conclusión de que o punto de partida tiña que ser a “percepción social e o tratamento histórico respecto da actividade empresarial das mulleres”. O proceso está descrito no capítulo do libro que fala de “Contexto e metodoloxía” e “Antecedentes inmediatos”.

Da amnesia á sobredose de datos, a recuperación da memoria histórica parece, en moitos casos, un síntoma de febrís estados transitorios, dito isto con moito coidado para non facer mal uso dos conceptos. Porque unha etiqueta debe ser unha referencia de uso, un protocolo de entendemento, un estado transitorio e revisable, xamais debe converterse no caixón de xastre ao que parecemos ter tanta afección como aos titulares. “Memoria histórica” non parece unha definición correcta se só implica enfrontamento e arquivo mentres se pasa por alto o que debe ser o seu obxectivo, que necesariamente debe enlazar co que orixina a necesidade de recuperación: xustiza, aprendizaxe, progreso… Depende!

Se falamos de persoas, non parecen adecuadas as grandes teorías porque o colectivo non é senón un conxunto de identidades persoais enredadas no marco dun contexto, e indagar na actividade económica das mulleres non resultou sinxelo, sobre todo pola falta de datos, de rexistros e de canles de información, que tenden a limitarse aos casos excepcionais que tanto gustan para as reportaxes nos días “D” pero que esconden os das empresarias de a pé, cuxa “falta de Excepcionalidade” non adoita merecer a categoría de referenciable.

O que proba esta carencia é a herdanza de séculos de silencio que axuda a contextualizar a percepción social e histórica do traballo dás mulleres cobrando sentido, máis que nunca, a diferenciación traballo-ocupación-salario-emprego. De feito, unha dás principais conclusións, de carácter cualitativo, refírese á constante omisión, por pudor cando non por mal intencionado esquecemento, respecto de datos que relacionen o traballo e a ocupación dás mulleres co diñeiro, de lexitimar os seus intereses e aportacións económicas mesmo cando esta referíase claramente a actividades “extradomésticas” e remuneradas“.

Se algo se puxo de relevancia foi que, baixo esa expresión de “actividades extradomésticas remuneradas” ocultábanse auténticas iniciativas empresariais que, en moitos casos, non só constituían o único soporte económico senón que crearon e dinamizaron auténticas redes comerciais. E todo isto nunha época na que a tradición, pero sobre todo a lei, prohibía ás mulleres exercer e liderar ningún tipo de actividade económica remunerada. Nin sequera dispoñer do seu propio diñeiro en casos de herdanzas.

Este proxecto “O diñeiro das mulleres”, constitúe non só un paso mais senón un novo xeito de abordar as historias porque a perspectiva histórica implica preguntarse polas causas dese silencio e a relación coa situación actual. E contalo é importante porque as palabras son un instrumento poderoso pero sobre todo se guionizan unha realidade narrada cinematograficamente. Porque reconstruír contextos non é falar de pasado senón de memoria colectiva, que sempre é presente e constitúe, aínda que non nos decatemos, a memoria do futuro.


presentacion_do_proxecto.txt · Última modificación: 2019/12/19 20:30 por isabel