Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


sala_de_cine

Indagar desde o cotián / SALA DE CINE

Este proxecto, “O diñeiro das mulleres”, desenvólvese de forma similar á estrutura da música clásica, cun tema e as súas variacións: Enúnciase o tema para partir do cal se desenvolven ampliacións, modificacións e apuntamentos en forma de preguntas abertas.

Nin pretende ser unha historia exhaustiva, nin un experimento de laboratorio, máis ben unha secuencia de indagacións para un ensaio sobre os patróns do poder e a súa relación co diñeiro. E aínda que parte dun precedente con esencia historicista, evoluciona cara a un proceso con estrutura episódica.

sala_de_cine.txt · Última modificación: 2024/02/22 19:33 por iagoglez