Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


catastro_de_ensenada_culleredo

Anexos / Catastro de Ensenada (Culleredo)

Os interregatorios, 1752


Fuente: Nalgures, Tomo IV - Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia.

Bibliografía: Carlos Pereira Martínez: Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro, AAVV de Sueiro-Concello de Culleredo, Culleredo, 1998. As parroquias cullerdenses da Ría do Burgo a mediados do século XVIII segundo o Catastro de Ensenada», Esculca, 9 (2002), Cambre.


A realización do que se chamaría Catastro de Ensenada, denominado así porque foi o ministro de Facenda de Fernando VI, Zenón de Somodevilla e Bengoechea, marqués de Ensenada, que o implantou, de cara a establecer unha única contribución, aprobouse en 1749. Pretendía manter a rendas de tabaco, alfándegas, sal, etc., pero suprimía impostos como alcabalas, centos, millóns, xabón, servizo, montádegos, herbas, etc., unificándoos nunha contribución única, catastral; significaba unha política facendística reformadora.

Con tal efecto faise en todos os reinos da Coroa (agás as provincias vascas, que estaban exentas de pagar impostos, Canarias e Aragón) unha investigación. Para as averiguacións seguiuse un procedemento que comezaba coa comunicación aos xustizas da data de chegada do intendente e a audiencia. Despois convocábase ao crego, os alcaldes, un ou dous rexedores, o escribano do Concello e varios veciños elixidos por estes como peritos, aos cales o intendente podería engadir outros dous peritos de vilas próximas. A xunta así formada respondía a un interrogatorio de 40 preguntas xerais sobre a vila, pobo, parroquia…, as súas producións, prezos dos produtos, gastos de produción, etc. Isto constituía as chamadas respostas xerais. O resultado era a nota de valor das terras do termo municipal ou parroquial, coa que se calculaba o produto das parcelas.

Terminadas as respostas xerais publicábase un bando pedindo aos veciños (os cabezas de familia en termos fiscais) que presentasen declaracións por escrito e asinadas de todos os seus bens, dereitos, rendas e cargas. Estas relacións eran recollidas polos xustizas e se sometían a comprobación. Constituíndo as chamadas Respostas Particulares.

Terminados os documentos do catastro dunha vila, parroquia…era enviado ao intendente da provincia para elaborar os Mapas provinciais.

O conxunto das investigacións concrétase nos seguintes libros:

  • Un Interrogatorio Xeral da parroquia (ou, en ocasións, xurisdición), con 40 preguntas.
  • Un libro de Persoal de Laicos (ou sexa, unha Veciñanza).
  • Un libro de Persoal de Eclesiásticos (cregos, monxes e monxas, criados e familiares que
  • residisen con eles…).
  • Un libro chamado Real de Laicos (bens, terras, animais e rendas dos laicos). Inclúe moitos
  • datos do Interrogatorio.
  • Un libro chamado Real de Eclesiásticos (igual, pero de propiedades de eclesiásticos).
  • Un ou varios Libros de Estados, no que se resumen os datos.

Nos imos, nesta colaboración, facer unha análise exhaustiva dos datos que nos proporcionan os diversos libros do Catastro de Ensenada, que serían material mesmo para unha tese de doutoramento. Seguiremos únicamente as informacións dos Interrogatorios, realizados en 1752, que nos permiten visualizar, de maneira panorámica, o estado das parroquias do actual Concello de Culleredo a mediados do século XVIII.



catastro_de_ensenada_culleredo.txt · Última modificación: 2019/12/22 14:38 por isabel