Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


oleiras_galegas

Diferencias

Muestra las diferencias entre dos versiones de la página.

Enlace a la vista de comparación

Ambos lados, revisión anteriorRevisión previa
Próxima revisión
Revisión previa
oleiras_galegas [2019/12/14 16:05] isabeloleiras_galegas [2024/02/22 19:19] (actual) iagoglez
Línea 1: Línea 1:
-<fs large><fc #6495ed>**Autoría e referencias**  /  Anexos</fc></fs>+<fs large><color #6495ed>**Anexos**  /  Oleiras galegas</color></fs>
  
 <blockquote>{{:1_antecedentes:lola-de-penelas.jpg?150 |}} \\ **Lola de Penelas** foi unha afamada oleira de  Gundivós que en tempos visitaba as casas para reparar as pezas que sufrían danos.  <blockquote>{{:1_antecedentes:lola-de-penelas.jpg?150 |}} \\ **Lola de Penelas** foi unha afamada oleira de  Gundivós que en tempos visitaba as casas para reparar as pezas que sufrían danos. 
Línea 5: Línea 5:
 [[https://www.sargadelos.com|Sargadelos]] elixiuna para ilustrar «a identificación histórica dá  muller  coa cheiraría», á que se refire Luciano García  Alén -o principal investigador da artesanía tradicional galega- no texto explicativo que acompañará a esta peza, da que se fixo unha tirada de mil copias numeradas.</blockquote> [[https://www.sargadelos.com|Sargadelos]] elixiuna para ilustrar «a identificación histórica dá  muller  coa cheiraría», á que se refire Luciano García  Alén -o principal investigador da artesanía tradicional galega- no texto explicativo que acompañará a esta peza, da que se fixo unha tirada de mil copias numeradas.</blockquote>
  
-===== O exemplo das "oleiras" galegas =====+===== Sesgos da apropiación dos meritos ====== 
 + 
 +<WRAP center round box 95%> 
 +Fonte: [[http://culturagalega.gal/album/detalle.php?id=482|Album de mulleres, culturagalega.gal]] 
 + 
 +**Mulleres na olería de Buño: Memoria das tarefas asignadas e conquistadas (1940-2013)** 
 + 
 +A produción de forma tradicional dunha peza de olaría requiría unha gran forza de traballo, materiais e coñecemento para mesturalos con tempo. proceso básico para a produción non mudou no esencial desde a romanización ata ben entrada a segunda metade do século XX, precisando moitas tarefas de máis dunha persoa para realizalas e conseguir o produto final. Desde esta perspectiva, **os labores desenvolvidos por todas as persoas involucradas na produción eran fundamentais e así, a pesar de que as tarefas das mulleres eran consideradas como auxiliares na olaría, estas tiveron e teñen un papel esencial** no desenvolvemento e construción das pezas tradicionais. 
 + 
 +Trazando un percorrido polo lugar ocupado polas mulleres na escrita sobre a olaría tradicional de Buño, <wrap hi>a miúdo descríbense as súas achegas desde a visión sexoxenérica dominante en occidente, na que se explica o proceso produtivo a partir da división de tarefas en función do sexo</wrap>. Mais na dinámica social non sempre esta adscrición se corresponde co desempeño das tarefas e dos oficios por un ou outro sexo, o mesmo que non sempre o calendario de actividades responde á linearidade estrita que podemos deducir das descricións etnográficas.  
 + 
 +<wrap hi>A división xeral de tarefas, no sistema produtivo da península, indica que as mulleres teñen adscritas as tarefas que precisan de paciencia e precisión mentres que aos homes se lles asignan aquelas que teñen que ver coa forza e a toma de decisións</wrap>. Tamén os testemuños directos recollidos mediante entrevistas para a realización desta entrada permiten coñecer a realidade dos anos 30 e 40 do pasado século XX e indican que as tarefas das mulleres eran consideradas como auxiliares ás dos homes.  
 + 
 +<wrap hi>Elas proporcionaban “axuda” ao desenvolvemento do oficio, que se vincula aos homes oleiros na medida en que só eles son os que acceden ao torno ou roda</wrap> (como se lle chama en Buño), ferramenta que se tiña como central da produción. Facendo unha revisión da focalización da produción no torno **achegámonos, neste texto, ao papel central das mulleres de Buño pois participaron na maior parte das tarefas da olaría**. 
 + 
 +O oficio da olaría tradicional pode resumirse en tres fases de produción relacionadas con distintos espazos e tarefas:  
 + 
 +  - a recollida e preparación da materia prima 
 +  - a confección das pezas 
 +  - a súa comercialización. 
 + 
 +Na olaría de Buño a **extracción de barro** facíase fundando un barreiro ou pozo no lugar de Barreiros de Buño. Dependendo do barreiro, podía haber distintas cores e texturas de arxilas, coas que se compangaba a materia prima para a confección dos diferentes tipos de obra, destinada, fundamentalmente, a uso doméstico. **As mulleres subían as bacías con barro** a partir dun trespés e roldana. Na subida e transporte ata o Campo, lugar onde o barro se metía en carros, **aproveitaban para limpar de impurezas a carga e decidían o lugar de colocación** dos montóns de barro antes de ser transportados ao obradoiro. O traballo nas barreiras é descrito polas persoas entrevistadas como **o máis duro de todo o proceso da olaría**. O **transporte do barro** en carros cara ás diferentes casas oleiras implicaba un cambio de espazo de produción e precede ao **pisado**, tamén descrito como **outra tarefa das máis duras que facían as mulleres de Buño**. 
 + 
 +Unha vez no obradoiro, o barro preparábase segundo o tipo de peza que se ía facer. Diferentes testemuñas coinciden ao sinalar que **as tarefas de pisado e peneirado eran realizadas por mulleres**, <wrap hi>mais que o amasado, “tarefa que precisaba de forza”, era feita por homes</wrap>.  
 + 
 +Unha vez que se tiña a arxila, facíanse os pelouros, que son os anacos precisos para pór na forma da roda (parte superior do torno) e conseguir unha peza. **A confección da peza desde a roda ao forno require unha gran variedade de tarefas** realizadas no contorno do obradoiro que van desde levantar ou darlle forma na roda, pasan pola confección de asas, continúan co secado e rematan coa decoración. <wrap hi>Neste caso, a axuda de toda a familia e, incluso, de xornaleiros para a roda é anotada por diferentes testemuñas</wrap>.  
 + 
 +<color #800080>As mulleres, coma no proceso anterior, participaban de todas as tarefas salvo a roda, que foi exclusiva dos homes e na que existía unha veda social, un tabú, para elas</color>. Non obstante, a pesar do tabú de traballar na roda, as mulleres confeccionaban algunhas pezas á man ou partes delas, como asas, decoración ou listado unha vez que as pezas estaban secas. 
 + 
 +Outra fase de confección das pezas é **a fornada, un proceso crucial na olaría tradicional que se realizaba fóra do obradoiro, nos fornos comunais**. A fornada <wrap hi>requiría xornadas enteiras de traballo duro no que estaban en xogo as tarefas desenvolvidas no transcurso dun mes ou mes e medio para unha familia enteira</wrap>. Este conxunto coordinado de tarefas (traslado ao forno empezando polas pezas recocidas, vidrado, limpeza, enforna...) precisaba dos e das membros da familia e persoas a xornal, polo que a diferenciación de tarefas e a organización eran fundamentais.  
 + 
 +As fornadas comezan co traslado das pezas desde os obradoiros ata os fornos. <color #800080>Se o obradoiro estaba lonxe do forno, facíase en cestos con palla que as mulleres levaban na cabeza e facía falta a axuda dunha ou dúas persoas para colocalo na cabeza debido ao seu peso e fraxilidade</color>. Esta tarefa dá lugar á **especialización denominada de carrexadoras**, q<wrap hi>ue atendían as demandas do enfornador, aquel que dirixía a fornada e indicaba o tipo de pezas que precisaba poñer no forno</wrap>.  
 + 
 +**As carrexadoras tamén transportaban as pezas ao obradoiro unha vez cocidas**. Entre elas destacou Elvira de Clara, de quen se di que non perdeu unha peza en todos os seus anos de traballo.  
 + 
 +Outras **tarefas asignadas ás mulleres, chamadas lameadoras ou lamiadoras, foi a preparación e colocación da lama para tapar os ocos entre os ladrillos das paredes do forno propiciando que a calor e o fume se concentrasen na carga**. Dise que María de Caslida foi moi boa lameadora.  
 + 
 +Finalmente, **un labor destacado encargado ás mulleres foi facer os fumes**. <wrap hi>Esta tarefa require paciencia e coñecemento para ir atizando o lume do forno no comezo da fornada. É un momento crucial pois, de se quentar moi rápido, poderíase arruinar toda a carga do forno.</wrap> Da importancia desta tarefa nace o nome de <color #800080>muller dos fumes</color>.  
 + 
 +Entre as mulleres dos fumes que se recordan están Carmela da Grecha, Lola do Rulo, Consuelo de Quiterio, Filomena de Marinero e Lola de Veloi. Ademais, recórdase a Lola do Ghañoto, quen dirixía e participaba en todas as tarefas descritas salvo no enfornado e na roda. Outra muller que destacou como carrexadora foi Manuela de Mariñán, que tamén foi muller dos fumes e quen se encarga na actualidade, aos seus case 80 anos, de facer os fumes nas coceduras tradicionais do Ecomuseo do Forno do Forte durante a Mostra de olaría tradicional que ten lugar cada mes de agosto desde hai xa 30 anos. 
 + 
 +Os fumes deixaban paso aos tizadores, que achegaban o toxo á boca do forno e por veces ou quendas ían introducíndoa xunto co enfornador. A fornada finalizaba coa carroa, na que se ofrecía xantar para as persoas que participaron na fornada a xeito de celebración por terminar a produción de pezas. 
 + 
 +Unha vez rematado o proceso de realización da peza coa desenforna, procedíase á **venda da produción a través dos comerciantes**, chamados xalleiros e arrieiros, **ben en feiras ou ben a través das chamadas <color #800080>escardeleiras</color>**. Estas vendían a escardada, aquelas pezas que por estar defectuosas non se adquirían a través de comerciantes pero que estaban en condicións de uso. 
 + 
 +A vivencia do mundo da olaría nos anos da posguerra fálanos dun proceso de produción que requiría moita man de obra e un grande esforzo en anos de necesidade e precariedade. Nenas e nenos comezaban a traballar ben cedo e nos anos 50 moitas e moitos deixaron as casas cara á emigración, o que supuxo unha gran ruptura na produción oleira de Buño. 
 + 
 +Os grandes cambios nalgunhas fases do traballo da olaría producíronse a partir dos anos 60 e sobre todo 70, e debéronse, en parte, á construción de fornos individuais, aos novos combustibles e á incorporación de maquinaria para o preparado das materias primas. A finais da década de 1970, coincidindo co cambio político, diferentes fontes sitúan a introdución de maquinaria para os procesos máis pesados, así como a individualización da produción pois xa había casas que contaban con fornos particulares e abandonaron os fornos comunais. Quizais poidamos relacionar estes feitos con que un grupo de mulleres se atrevesen a romper o tabú e, de forma pública, comezasen a traballar o barro a pesar da sanción social que iso supuxo e sen poder contar coa aprendizaxe tradicional desde nenas, como era no caso dos rapaces.  
 + 
 +</WRAP> 
 + 
 +==== Medalla de Ouro de Belas Artes ==== 
 + 
 +<WRAP center round box 95%> 
 +<color #ff0000>O</color>s oleir<color #ff0000>o</color>s de Buño, reconocid<color #ff0000>o</color>s coa Medalla de Ouro de Belas Artes que lLes entregará el Rei en una próxima ceremonia en A Coruña, conforman el pueblo alfarero con mayor arraigo tradicional en Europa. [[https://docplayer.es/14079249-Www-laopinioncoruna-com-ano-ix-no-383-domingo-8-de-junio-de-2008.html|Reportaxe na Opinión Coruña]]. 
 +\\ 
 +<html> <center>  
 +<iframe src="http://docs.google.com/gview?url=http://economia.enigualdade.com/PDFS/Reportaje-oleiros-opinion-corunha-2008.pdf&embedded=true" style="width:600px; height:600px;" frameborder="0"></iframe> 
 +</center> </html> 
 +\\ 
 + 
 +</WRAP> 
 +===== Homenaxe de Sargadelos =====
 ---- ----
  
Línea 21: Línea 83:
 </WRAP> </WRAP>
  
-===== "Lola de Penelas" ===== +==== "Lola de Penelas" ==== 
-----+
 <WRAP center round box 95%> <WRAP center round box 95%>
  
oleiras_galegas.1576335954.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)