Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


luisa_villalta

Luisa Villalta

Un recuerdo muy presente

Fuente: Juan Fernán Bello

Grupo ESCAINO: Luisa Villalta, Juan Fernán, Paulino Pereiro e Luis Pereiro. Fotografía de Xoán Piñon. A Coruña 1980

Fuente: Juan Fernán Bello

Grupo ESCAINO: Paulino Pereiro, Luisa Villalta, Juan Fernán Bello e Xosé Luis Pereiro. Foto de Fernando Morán. A coruña 1980

Fuente: Juan Fernán Bello

Eu tiña 16 anos, Luisa 22


ESCAINO: Paulino Pereiro, Luisa Villalta, Juan Fernán Bello e Xosé Luís Martínez Pereiro.

“A denosiña” foi a primeira peza do concerto celebrado no Auditorio da Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela o 9 de Nadal de 1980.

Notas biográficas

Fuente: Galipedia

edia, a Wikipedia en galego. Infotaula de personaLuísa Villalta Editar o valor em Wikidata Biografía Nacemento (gl) Luísa Villalta Gómez Editar o valor em Wikidata 15 de xullo de 1957 Editar o valor em Wikidata A Coruña, España Editar o valor em Wikidata Morte 6 de marzo de 2004 Editar o valor em Wikidata (46 anos) A Coruña, España Editar o valor em Wikidata Datos persoais País de nacionalidade España Editar o valor em Wikidata Educación Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata Actividade Ocupación violinista , escritora , profesora de ensino secundario Editar o valor em Wikidata Lingua Lingua galega Editar o valor em Wikidata Instrumento Violín Editar o valor em Wikidata Familia Cónxuxe Paulino Pereiro (1978-1998) AELG: 197 BUSC: villalta-luisa-1957-2004 Dialnet: 1448032

Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957[1] e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.

O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras[2] do ano 2022: “celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo”. A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024,[2] destacando dela que foi a “creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90”. Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.[3]

Traxectoria

Naceu na Coruña, na rúa Vila de Laxe.[2] Estudou no colexio das Xosefinas da rúa Juan Flórez e mais no IES Eusebio da Guarda.[4][5] Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén titulada superior en violín. Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas (Perillo, Oleiros), IES Canido (Ferrol) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.[6]

O seus artigos publicados entre o 4 de xaneiro do 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra, foron compilados no Libro das colunas (2005)[7][8]

Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.[9]

Finou o 6 de marzo de 2004[10] por unha meninxite,[11] aos 46 anos de idade.[12] Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina.[13] Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ó acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana.[14] Legado

En 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[15] Vida persoal

Casou con Paulino Pereiro o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998[16]

Obra

Poesía Nesta casa viviu e soñou a poeta Luísa Villalta aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que habita no outro lado da música, na poesía. A Coruña, 28 de setembro de 2014 Asociación de Escritoræs en lingua Galega

  Música reservada (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474925104.
  Ruído (1995). A Coruña: Espiral Maior. 96 páxs. ISBN 9788488137609.
  Rota ao interior do ollo (1995). Edições Tema. Plaquette con cinco poemas.
  Apresados sen presa (2002).[17]
  Estudo das sombras (2002).[18]
  Modulación de Orfeu (2002).[19]
  En concreto (2004). A Coruña: Espiral Maior. 104 páxs. ISBN 978-8495625984.
  Papagaio (2006).[20] Santiago de Compostela: Laiovento.[a] ISBN 8484870863.
  As palabras ingrávidas (2020). Edición de Armando Requeixo. CIRP. ISBN 978-84-453-5365-3.[b]
  Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (2023). Vigo: Galaxia-CIRP. Ed. de A. Requeixo.[c] 364 páxs. ISBN 9788491519966.[21]

Teatro

  Concerto para un home só (1989). Cadernos da Escola Dramática Galega n.º 76.[d]
  O representante (1990). Cadernos da Escola Dramática Galega n.º 85.[e]
  O paseo das esfinxes (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega nº 88.[f]
  As certezas de Ofelia (1999). Casahamlet n.º 1, Deputación da Coruña.[22]
  Os doces anos da guerra (2001). Revista Galega de Teatro n.º 29.
  Obra dramática completa. Sinfonía de escenas (2018). Edicións Proscritas.[g][23]

Narrativa

  Siléncio, ensaiamos (1991). A Coruña: Vía Láctea. 124 páxs. ISBN 8486531667.
  Teoría de xogos (1997). Santiago de Compostela: Laiovento. 108 páxs. ISBN 978-84-89896-14-3.[24]
  As chaves do tempo (2001). Vigo: A Nosa Terra. 128 páxs. ISBN 978-8495350718.[25]
  Desperta do teu sono (2002).[26]

Ensaio “ Por suposto, nalgures permanecen os temas. Pero os temas son o máis impersoal do traballo poético. Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivendo. ”

— Luísa Villalta , Poética “Sobre un certo estado de conciencia”[27]

  O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral (1992). Santiago de Compostela: Laiovento. 94 páxs. ISBN 9788487847080.
  O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega (1999). Vigo: A Nosa Terra. 160 páxs. ISBN 9788489976856.[h]
  Poética. Sobre un certo estado de conciencia (2002).[28]
  A lingua dos sons (2003).[29]
  A Música e Nós (2003).[30]
  Libro das colunas (2005). Vigo: A Nosa Terra. 109 páxs. ISBN 9788496403529.
  O outro lado da música, a poesía (2021). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-8491517504.[31]

Traducións

  Manifesto por un novo teatro, de Pier Paolo Pasolini (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega, n.º 105, maio de 1994.[32]

Obras colectivas

  Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Ediciós do Castro.[i]
  Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[j]
  Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
  A mandrágora, de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Mayor.[33]
  Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
  Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
  Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
  "Máis alá das raíces" en Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relatos.[k]
  Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
  Narradio. 56 historias no ar. Vigo: Xerais / Radio Galega (2003). Libro-CD. Extensa antoloxía de relatos creados para o Diario Cultural.[l]
  Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
  Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). A Coruña: Espiral Maior.
  Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
  Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
  Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.

Recoñecementos

  • Tumba de Luísa Villalta no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.
  • Vídeos externos Luísa Villalta: paixón e compromiso
  • Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome.
  • I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990, por A taberna do holandés.
  • Premio Espiral Maior de Poesía no 2003, por En concreto.
  • A Universidade da Coruña creou o Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras.[34]
  • A Deputación da Coruña creou o Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade.[35][36]
  • Dedicatoria dun número da revista do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.[37]
  • Dá nome á biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.[37]
  • Documental Luísa Villalta. Paixón e compromiso.[37]
  • Homenaxe do CIRP o 6 de marzo de 2019 en Santiago de Compostela coa xornada Palabra de Muller.[38]
  • En 2022 foi a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras polo colectivo a Sega.[m][39]
  • En xuño de 2023 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024.[40]

Notas

  • Crónica fotográfico-poética coa fotógrafa Maribel Longueira.
  • Edición facsímile dun poemario inédito da escritora.
  • Recolle Música reservada, Ruído, En concreto e a plaquette Rota ao interior do ollo.
luisa_villalta.txt · Última modificación: 2024/04/19 13:48 por isabel