Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


coordenadas_persoais

Autoría e referencias / Coordenadas persoais

Relato informal


No cotián é onde sucede o fututo pero o cotián non pode estandarizarse, é necesario referenciar o marco no que se desenvolve a propia “normalidade”. A miña é a dunha persoa que nunca traballou por conta allea así que as palabras reto, empresa, emprender, obxectivos, cambio e incerteza, son as que conforman o quebracabezas persoal no que reflexiono.

Percibir a realidade en termos de proxectos resulta tan estimulante como esgotador porque hai que considerar as zonas de intersección e liñas de fuga. Por iso a avaliación non debe limitarse a se se desenvolveron as tarefas previstas senón ás novas posibilidades que nos abre o traxecto percorrido.

Por iso quizá a parte máis interesante da miña actividade profesional/persoal está en escoitar, detectar as excepcións, observar, unir puntos, ensaiar, cuestionar, reflexionar… E cando hai un pouco de tempo, procuro abrir e compartir espazos de conversación.

Hai quen traballa sempre sobre planificacións moi claras, outros parece que temos unha certa tendencia a involucrarnos en proxectos que se nos fan máis grandes do previsto. Tras unha autocrítica revisión, non puiden chegar a conclusións definitivas sobre se a orixe desta tendencia está nun fallo de previsión ou na necesidade de disciplinar a intuición e a visión periférica, pero o que si estamos a facer é establecer unha metodoloxía clara para sacar o máximo partido sobre este continuo aprender facendo que non debe quedar reducido á experiencia que o orixina.

A miña actividade profesional xira ao redor da consultoría estratéxica, a dinamización da información, o deseño e posta en marcha de proxectos e a produción audiovivsual.

Son socia-directora en I. G. Documentación, investigadora impenitente, alérxica aos tópicos, consultora, blogueira…

No noso código xenético están: o uso estratéxico da información, a potencia do audiovisual e experimetar novas realidades.

Escribo en…

E tamén nas wikis que elaboramos como soporte en aberto nos proxectos de Cine & Investigación:

Consultoría de xénero


Servizos profesionais no ámbito de xénero:

  • Consultoría e asistencia técnica a institucións e empresas. Metodoloxía e ferramientas de innovación
  • Deseño de formación e Talleres con perspectiva de xénero. Estudos e ponencias sobre estratexias de representación e visibilización
  • Investigación de enfoques e indicadores. Deseño e elaboración de estudos. Enfoques en RSC e plans de igualdad
  • Conferenciante e ponente en eventos relacionados coa perspectiva de xénero

Referencia de traballos na área de igualdade

✔ Talleres, publicacións, ponencias e cargos de representación en comités e consellos consultivos

✔ Campañas de sensibilización en igualdade e violencia de xénero

✔ Concello da Coruña: Desenfocadas, 25 de noviembre e festival Mulleres arte+parte.

✔ Talleres audiovisuais co alumnado dos Institutos do Concello de Cambre e do Concello de Oleiros.

✔ Plans de igualdade: empresas dos sectores tecnolóxico, textil e sector de mobiliario e no Concello da Coruña co II Plan de Igualdade

✔ Representante empresarial pola CEG na Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade entre mulleres e hores na negociación colectiva do Consello Galego de Relacións Laborais: Ponencias, revisión de plans empresariais de empresas obrigadas por lei, deseño de estudos e elaboración da guía de boas prácticas.

✔ Publicación: Empresarias Xubiladas - Proxecto de investigación e recuperación da memoria histórica das empresarias na provincia da Coruña. Publicado pola Deputación da Coruña.

Ponencias: Asociacionismo, representación e perspectiva de xénero

Proxectos no ámbito emprendedor con perspectiva de xénero

Programa Emega, Estímulo as mulleres emprendedoras galegas (2006, 2007 y 2008) - Servicio Galego de Igualdade, Xunta de Galicia. Seguimento personalizado e evaluación do programa e os seus resultados, con especial atención aos factores diferenciais das iniciativas empresariais postas en marcha por mulleres.

Programa ARCO, accións para o reforzamento da conciliación (Equal, FSE). Estudio da situación real de emprendedoras e empresarias galegas con respecto á conciliación.

Programa de Micro créditos para emprendedoras da Xunta de Galicia: Atención da línea 900 de Asesoramiento e seguimento personalizado para a posta en marcha do proxecto (de 9:00 a 17:00 h.), Control e seguimento do plan de empresa e Participación na Xunta de Avaliación previa ao seu envío a entidades bancarias

Proxecto europeo Calíope, desenvolvido pola Xunta de Galicia: Estudo sobre carencias formativas detectadas por empresarias universitarias e relatorio nas xornadas desenvoltas en Padrón (A Coruña).

Participación como experta no informe GEM (Global Entrepreneurship Monitor) desde 2005 na sección de Galicia do informe GEM, que constitúe unha potente ferramenta de análise comparada da actividade emprendedora en numerosos países, tendo en conta o contexto social, político e cultural.

Rede Coruña Emprega. Participación directa no deseño e posta en marcha da Rede Coruña Emprega como representante empresarial e especificamente das empresarias galegas.

Programa Avanza, actuacións na área de fenda dixital de xénero: Proxecto de Creación de 10 webs para empresas impulsadas e lideradas por mulleres. Servizo Galego de Igualdade e Consellería de Innovación e Industria.

coordenadas_persoais.txt · Última modificación: 2019/12/17 19:50 por isabel