Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


enfoque_obxectivos_e_indicadores

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>Indagar desde o cotián / Enfoque, obxectivos e indicadores</fc>

Enfoque e obxectivos

Polo feito de que se trate dun proxecto de investigación, poderíase pensar que o público obxectivo pertence ao ámbito académico, sen embargo a concepción e construción cinematográfica permite reforzar os datos con lírica audiovisual para chegar cun enfoque mais humano a un sector moito máis amplo da sociedade.

O resultado do proxecto vai ser unha peza audiovisual, apoiada nun espazo web (wiki) compartido en aberto polo que estará accesible aos diferentes perfís de persoas destinatarias.

O obxectivo do proxecto e <fc #800080>afondar nos enfoque de re-visión histórico-social cunha proposta máis amigable para o público non experto</fc>:

  • Captar a intrahistoria a través das historias das protagonistas e o contexto.
  • Dar protagonismo ao presente como proceso de construción do futuro
  • Fluír entre a dispersión deixando aforar as diferenzas entre o aparentemente similar para buscar o común entre o diverso.

En definitiva, o que persigue o proxecto é <fc #800080>achegar novas preguntas para unha realidade complexa, que as veces parece atascada en debates encorsetados, mostrando realidades que sempre existiron</fc>.

Este formato accesible permite achegar unha parte da nosa Historia, como é a das mulleres e o seu papel no desenvolvemento económico da sociedade, a un maior número de persoas mediante formulas que se podan abordar desde o tempo de ocio e lecer.


Indicadores do impacto social

Cantas conversación son necesarias para construír coñecemento?

<fc #800080>Un dos principais conceptos dos que parte este traballo é ir contra os mitos da excepcionalidade. É dicir, que algo sexa unha excepción (ou o pareza por descoñecemento dos datos) non implica que sexa excepcional</fc>. No caso da xeración de riqueza, e emprego, por parte das mulleres, sempre foi unha realidade, aínda que non recoñecida polo relato oficial. Isto obriga a traballar con métodos de investigación cualitativa, que buscan validar ou rebater relacións entre variables. Sobre todo cando a realidade social é tan complexa.

A cuestión da xeneralización dos estudos cualitativos (incluído, por tanto, o estudo de casos) non radica nunha mostra probabilística extraída dunha poboación á que se poida estender os resultados, senón no desenvolvemento dunha teoría que pode ser transferida a outros casos.

Sen restarlle importancia aos métodos estatísticos, hai outros como as testemuñas directas e as entrevistas profesionais que, combinadas coa análise documental diversa permiten a triangulación dos métodos utilizados.

Partindo da tese inicial, o proceso indagatorio tennos que levar á nosa realidade actual para avanzar desde a información ao coñecemento e, dende aí, á visión saber ler os trazos grosos da realidade e recompoñelos para construír novas sínteses.


enfoque_obxectivos_e_indicadores.1575757329.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)