Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


ficha_tecnica

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>Indagar desde o cotián / Ficha técnica</fc>

Investigadora principal, promotora, co-guionista e directora: Isabel Iglesias


enPalabras

Isabel Iglesias

Socia consultora de I.G. Documentación, Experta en xestión do coñecemento, análise estratéxico e dinamización da información. Investigadora e experta en innovación social. Guionista e productora en proxectos de Cine & Investigación

Co-guionista, director de fotografía e edición: Iago González


enimaXes

Iago González

Director de cine. Experto en narrativas audiovisuais e branded conten, no deseño de proxectos audiovisuais e responsable do departamento audiovisual de I.G. Documentación Presidente da Asociación Proxecto Máscaras
Referencias

Co apoio da Deputación da Coruña

O proxecto “O diñeiro das mulleres” foi premiado no I Concurso de ideas "Luisa Villalta" de proxectos culturais pola igualdade.

O I Premio Luísa Villalta de Cultura da Deputación da Coruña apoia a realización de tres documentais sobre as mulleres no mundo laboral.

Do dez proxectos que reciben apoia da área de Cultura da Deputación da Coruña, que dirixe Goretti Sanmartín Rei, a través do I Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade, tres teñen como obxetivo desenvolver proxectos audiovisuais sobre as mulleres no mundo do traballo. Son os seguintes:

AS MULLERES E O MAR. TRABALLADORAS INVISIBLES NA COSTA DA MORTE- Socialdocs S.L. - O obxectivo xeral deste documentario consiste en amosar como o xénero inflúe na participación das mulleres nas actividades pesqueiras e como isto repercute na súa vida familiar, participación social, na súa saúde. Seguindo un estudo realizado pola facultade de Ciencias da Saúde da UdC o documentario abordará a influencia das desigualdades de xénero nas ocupacións das mulleres que se adican a actividades pesqueiras na Costa da Morte.

-A SILENCIOSA REVOLUCIÓN DAS MULLERES DE VILASANTAR- Dias Porto Chiavegatto, Marina- O proxecto quere contar a historia dos centos de mulleres que cambiaron a economía e organización social de toda unha comarca no inicio do século XX en Galiza. Tiñan 14 anos cando comezaron a traballar na fábrica de tecidos de Présaras. Cobraban 37 pesetas á semana, un salario que era a súa independencia, o empoderamento feminino antes de que o concepto chegara a nosa terra. ;máis de cincuenta anos despois do peche da fábrica, a iniciativa busca recuperara a historia coa voz das súas protagonistas. Inclúe un documentario e unha páxina web para a súa difusión.

-O DIÑEIRO DAS MULLERES Isabel Iglesias Oviedo O proxecto parte da idea da carencia de referencias ao medio de vida das mulleres, como se a maior parte planearan nun escenario de ausencia de necesidades e por tanto de relación económicas, ou como se este tipo de datos “afeara” o dereito a súa recuperación. A pesar dos atrancos e dificultades, as mulleres levan séculos exercendo e participando nas actividades produtivas, sendo protagonistas da súa supervivencia e contribuíndo a xerar riqueza e emprego. “O diñeiro das mulleres” busca capturar este coñecemento a través da narración cinematográfica.

Colaboracións de entidades empresariais e profesionais

  • Federación Provincial de Empresarias de A Coruña (Fedacepe)
  • Confederación de Empresarios de A Coruña
  • Academia Galega Audiovisual
  • Asociación Comarcal de Mujeres Profesionales, Autónomas y Directivas de A Coruña (Apade)
ficha_tecnica.1576755149.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)