Herramientas de usuario

Herramientas del sitio


lavandeiras_e_outros_oficios_da_auga

¡Esta es una revisión vieja del documento!


<fc #6495ed>Referencias e Anexos / Lavandieras e outros oficios da agua</fc>

Folga de lavandeiras


Junio 1907: Coruña paralizada pola folga de lavandeiras

Ata que as innovacións técnicas e as melloras das redes de subministración de auga e electricidade chegaron ás vivendas, o lavado de roupa das familias acomodadas era realizado por mulleres especializadas neste tipo de traballo. Daquela os censos eran escasos e as estatísticas, do que agora chamariamos tamaño do mercado, inexistentes, pero había unha lexión de mulleres (e algúns, pero poucos, homes) que soportaba duras condicións e abusos.

A falta de auga corrente e a escaseza de espazos apropiados no interior das vivendas obrigaba a utilizar os lavadoiros públicos ou na beira dos ríos. O traballo era especialmente ingrato e con especiais consecuencias para a saúde xa que debían permanecer moitas horas de pé e dobradas sobre as táboas ou pedras de lavar, nun ambiente húmido e insano, coas mans molladas e atacadas polos compoñentes dos xabóns, creando así un clima propicio para catarros, afonías e dores de ósos e músculos, sen esquecer a posibilidade de contaxio da roupa sucia dos enfermos.

Ao traballo de lavar, entender e recoller a roupa había que engadir as camiñadas que moitas debían realizar, cargadas coa coada por camiños intransitables.

Pero o peor era a incapacidade para gañarse a vida pola falta de auga durante as secas ou os problemas de abastecemento e xurdía a rivalidade entre as mulleres que, con frecuencia, acababan en liortas que mesmo precisaban a presenza das forzas públicas para acougar os ánimos. En máis dunha ocasión, levaron as súas queixas á prensa, que eran recollidas neste “ton condescendiente”. Seguir lendo...

A auga na Coruña. Fuentes, estanques e lavadoiros

Unha guía para coñecer de primeira man os lugares e incidencias que marcaron a orixe, desenvolvemento, e decadencia de toda unha cultura da auga que foi substituída por unha nova, máis práctica e útil aos cidadáns.

O traballo realiza un minucioso percorrido por 131 fontes, das que 48 desapareceron. Moitas delas mantéñense, aínda que non xa como foron concibidas, senón cun uso ou nunha localización diferente á orixinal. Hai contabilizadas tamén 328 fontes de beber, que figuran no inventario municipal. A obra complétase cunha chiscadela aos estanques, lavadoiros, pozos e casas de baños que forman ou formaron parte do devir histórico da cidade.

Casa de baños de saúde de Riazor



lavandeiras_e_outros_oficios_da_auga.1576515300.txt.gz · Última modificación: 2023/05/12 13:01 (editor externo)